Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas
Lestes Penélope?

O poema pertence á obra Nimbos de Xosé María Díaz Castro, autor da posguerra. Recomendamos a súa lectura.

Un paso adiante i outro atrás, Galiza,

i a tea dos teus soños non se move.

A espranza nos teus ollos se espreguiza.

Aran os bois e chove.

 

Un bruar de navíos moi lonxanos

che estrulla o soño mol coma unha uva.

Pro ti envólveste en sabas de mil anos,

i en sonos volves a escoitar a chuva.

 

Traguerán os camiños algún día

a xente que levaron. Deus é o mesmo.

Suco vai, suco vén. Xesús María!,

e toda a cousa ha de pagar seu desmo.

 

Desorballando os prados coma soño,

o Tempo  vai de Parga a Pastoriza.

Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.

Un paso adiante i outro atrás, Galiza.

Alba Figueira e Raquel Figueira (2º Bach.)



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.