Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Concurso cartas de amor
 

CONCURSO DE CARTAS DE

 AMOR 2010

 
 
 


QUEN PODE PARTICIPAR?
-      Todo o alumnado do IES Félix Muriel
-      O profesorado (profes, animádevos!)
-      O persoal de servizos
 
 
TEMA
Os participantes deberán escribir unha carta de amor, en prosa ou en verso.
Este amor pode ser verdadeiro ou non. Tamén pode ser amor platónico, namoramento, paixón, desamor, celos.
A carta pode estar dirixida a unha persoa do IES Félix Muriel (gústache ese rapaz tan guapo de 2º de Bacharelato, tes un amor secreto en 3ºESO, mólache o conserxe, un profe ou a secretaria?) ou a calquera outro destinatario (a Shakira, a Beyoncé, a Rafa Nadal, a Obama, a Castelao…).
O estilo e contido da carta quedan á elección do/da concursante: poden ser doces e románticas, pero tamén cómicas, irónicas ou satíricas. Tan só deberán excluírse as expresións de mal gusto e os insultos.
 
 
LINGUA E EXTENSIÓN
As cartas deberán estar escritas en galego.
A extensión da carta é libre (prégase non superen as 4000 páxinas).
 
 
PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN
Os sobres botaranse á caixa para a recollida de cartas de amor que se colocará na zona de conserxería durante toda a semana de San Valentín. O prazo límite de entrega será á volta das vacacións do Entroido,  XOVES 18 DE FEBREIRO.
 
PRESENTACIÓN
-      As cartas asinaranse cun pseudónimo (non co verdadeiro nome!).
-      Entregaranse nun sobre pechado. Na parte de fóra do sobre farase constar o pseudónimo do autor (por exemplo, Amante bandido).
-      Dentro do sobre grande introducirase tamén outro sobre máis pequeno (plica), no que figurará, por fóra, o pseudónimo do concursante e dentro os datos auténticos do seu autor: nome, apelidos e grupo ao que pertence.
 
XURADO E FALLO DO CONCURSO
O xurado estará composto por profesores e por alumnos pertencentes ao Equipo de Normalización Lingüística do IES Félix Muriel.
 
PREMIOS
-      1º premio: un lote romántico que determinará o xurado.
-      Un pequeno agasallo para todos os participantes.
 
QUERES QUE O TEU ‘AMOR’ RECIBA A CARTA?
-      Se queres, entregarémoslle a carta ao seu destinatario.
-      Para iso, indica dun xeito claro por fóra do sobre grande:
“Carta para entregar + nome e clase do destinatario”.
-      A entrega de cartas de amor realizarase o LUNS 22 DE FEBREIRO, no 1º RECREO.
 
FALLO DO XURADO E ENTREGA DE PREMIOS
Participaches e queres recibir o teu agasallo?
Queres coñecer cal foi a carta gañadora do concurso?
Ven á entrega de premios o LUNS 22 DE FEBREIRO no 2º RECREO no local do ENDL.
 
 (Para dúbidas con respecto ao concurso, pasa polo local do EDNL)


 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.