Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
A comunidade educativa mostra o seu rexeitamento ao Borrador do Decreto

Alumnado e profesorado do noso IES participou na rolda de prensa celebrada pola Coordinadora de ENDL do Barbanza, da que formamos parte. A nosa compañeira de 2º de Bacharelato Esther Dominguez e mais outra rapaza do IES Leiliadoura falaron representando ao alumnado da comarca, compartiron mesa co presidente da CENDL e con dúas nais.

 

Este mércores, día 10 de febreiro de 2010, a Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Barbanza celebrou unha rolda de prensa no IES Nº1 de Ribeira, onde contou co presenza de perto de setenta nais/pais, alumnado e profesorado de centros de infantil, primaria e secundaria (tanto do ensino público, como do concertado) de Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira.

 

Na Coordinadora de ENDL do Barbanza indicaron que durante estes últimos meses tiveron multitude de preguntas e queixas polo feito de que desde a Consellería de Educación se quixese facer retroceder a lingua galega no ensino.

Por este motivo a CENDLB quixo que foran directamente os implicados no ensino os que ofreceran o sentir maioritario da comunidade educativa do Barbanza.

No acto interviñeron varios membros de distintos colectivos (ANPAS, alumnado e profesorado) que centraron as súas intervencións nos graves prexuízos contra o galego deste “Borrador” nos seguintes puntos:

-Un retroceso do galego por primeira vez desde que temos democracia, obviando toda a lexislación vixente, incluído o Estatuto de Autonomía que obriga ao goberno galego a protexer e fomentar a nosa lingua.

-O galego non está normalizado, polo tanto está en desigualdade co castelán e só através dunha presenza ampla no ensino (mínimo do 50% das materias) se pode ir cara un maior equilibrio.

-Úsase o introdución do inglés como coartada para facer retroceder o galego, nós non temos nada contra as demais linguas, pero hai outras maneiras de fomentar o plurilingüísmo sen facer retroceder o galego, que a nosa lingua propia e lingua tamén oficial.

-Se se leva a cabo este borrador de decreto, provocará un FRACASO ESCOLAR maior aínda, xa que moitos nenos e nenas non poderán seguir as clases con normalidade

-Ao mesmo tempo provocará moitos conflitos entre familias e docentes, só pola deixación de funcións da administración, que é quen ten que fixar todo o currículo educativo.

Por todo isto, manifestaron unanimemente o rexeitamento da comunidade educativa do Barbanza a este borrador do Decreto e manifestaron o seu desexo de poderen continuar como até agora, pois non tiveran ningún problema coa actual situación.

 Varios periódicos publicaron a noticia:

Así saíu na Voz:
http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2010/02/12/0003_8289621.
http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2010/02/12/0003_8289622.htm

E aquí no Diario de Arousa:
http://www.diariodearousa.com/

No Xornal Certo:
http://certo.es/index.php?page=lingua_galega

 

Para aqueles que desexen ver toda a rolda de prensa, recomendámoslles que visiten os seguintes enlaces:

http://www.youtube.com/watch?v=p8-MrSwRG-Q
http://www.youtube.com/watch?v=hHzNHaea66I




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.