Imaxe de cabeceira
O IES rebole / Rianxiño viaxa
E colléronnos as cámaras….

Alá fomos coas nosas gaitas e pandeiretas, como xa vos contamos no artigo anterior, pero agora acabamos de ter coñecemento de que os nosos compañeiros do ENDL do IES de Porto do Son, que son uns profesionais da cámara, graváronnos na película que fixeron sobre ese día.

Saímos polo medio da película pero non perdades o vídeo porque é interesantísimo, moi profesional. Recolleron as opinións de moito profesorado universitario e de xente do común que estivemos por alí, a nós non nos preguntaban nada porque tocabamos, cantabamos e con iso xa o diciamos todo.

Noraboa compañeiros do Son!

Manifestación "Queremos Galego" 21-01-2010 from SonCine on Vimeo.

 

 

 

Uns cantos alumnos do IES estivemos na manifa do 21 X



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.