O maltés
Ademais do inglés, o maltés constitúese dende o 1936 como unha das linguas oficiais de Malta, substituíndo ao italiano que ata entón ocupaba ese lugar.
Por un lado, algúns lingüistas afirman que este é un dialecto imposible de clasificar. Pero hai outros expertos na materia que dispoñen a lingua como semítica (segundo a mestura) ou, menos a miúdo, crioula.
Parece proceder do árabe magrebí, concretamente dun dialecto do Norte de África, aínda que ao ser a única lingua semítica escrita en alfabeto latino cabe a posibilidade de que teña unha orixe fenicia.
Ao longo da historia foi adoptando moitos préstamos do grego, do italiano, do siciliano e do inglés. O vocabulario está moi influenciado polo italiano. Á parte do seu alfabeto, a súa gramática ten un fundamento latino.
O maltés, como lingua oficial, posúe un gran valor simbólico para a identidade nacional. No entanto, na vida cotiá predominan o italiano e o inglés.
Esther DomÃnguez Alcalde (2º BACH-C)
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]