Imaxe de cabeceira
O IES rebole / Rianxiño viaxa
Estivemos expoñendo en Galiciencia

Hoxe 25 de novembro comezou Galiciencia e nós tivemos un espazo entre o conxunto dos 50 expositores. Todo comezou no mes de setembro cando nos convidaron desde o Parque Tecnolóxico de Galicia a que presentásemos o noso proxecto No meu mar, na miña lingua.

Chegamos aquí ás 9 da mañá para colocar os nosos carteis e poñer en marcha nos portátiles o vocabulario dixital con toda a terminoloxía que investigamos (e coas súas fotos) e mais as dúas curtametraxes que fixemos o ano pasado: a da carpintería de ribeira e a dos deportes náuticos. Non había ninguén da organización para explicarnos nada cando chegamos, nótase que a maioría dos expositores repetían e xa tiñan todo controlado e nós eramos novas.

 

 

Trouxemos materiais: os calendarios que xa temos do ano 2010 co léxico da canoa e do kaiak, as láminas das diferentes embarcacións co léxico correspondente, cds….

 

 

 

Ás 10, cando comezaron a chegar os visitantes xa tiñamos todo colocado. Explicamos o noso proxecto a todos cantos pasaban por diante
 e mostraban interese e ademais deixámoslles probar como funcionaba o vocabulario dixital.

 

 

 

Ás 12 acabaron as visitas de colexios e tivemos oportunidade de poder nós ver os stands dos veciños, basicamente galegos e cataláns. No seguinte artigo contámosvos o que vimos.

 

 

 

 

Gustounos a experiencia. Para o ano temos que volver e quedar a durmir para aproveitar todas as actividades!




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.