Imaxe de cabeceira
O IES rebole / Rianxiño viaxa
A obra de teatro: Comedia Bífida

O martes 27 de Outubro, os alumnos de 1º de BACH fomos a Vilagarcía ver a obra de teatro Comedia Bífida.

Comedia Bífida é unha obra escrita por Manuel Núñez Singala e levada aos escenarios pola compañía Nobicarelo Teatro.

Trátase dunha obra de teatro cargada de humor e ironía, na que se representa un Xuízo Final. O xuíz supremo é S.Pedro, e no neste xúlganse os mortos pola súa falta de respecto na súa vida cara á súa lingua: o galego.

Como en todos os xuízos había un avogado defensor, que se trataba dun arcanxo que era novo e con pouca experiencia,e demasiado bobalicón , e no extremo oposto tiñamos o fiscal que era o mesmísimo Demo, moi espabilado e bastante sedutor .Mentres que o arcanxo intentaba defender os acusados do uso que lle deran á súa lingua, o demo sempre conseguía botar abaixo esa defensa pois ningunha das razóns que o arcanxo expoñía era suficiente para gañar o ceo.

Na obra compaxinábase o diálogo entre os actores e cancións que estes cantaban cada un co seu estilo: o arcanxo unha canción como máis pausada e suave e o Demo todo o contrario, enérxico e provocador. Os mortos que eran xulgados tamén usaban a canción para darlle máis credibilidade á súa defensa.

Unha das cousas que fixo que os alumnos prestasen atención á obra foi a colaboración de alumnos dos institutos que alí foron, xa que os actores nos viñeron buscar aos asentos do público para subir ao escenario en calidade de xurado.

Sen dúbida foi unha das obras máis interesantes e divertidas ás que asistimos.

Celeste Campaña Batalla e Clara Suárez Somoza 1ºBachC

OPINIÓNS:

Virginia Lustres 1ºBach C:

Gustoume porque incluíron ao público na obra para que a xente estivese máis pendente do que pasaba no escenario. A obra estivo moi entretida porque o Demo era moi chistoso.

Cristina Piñeiro 1ºBach C:

A obra estivo bastante ben. En ocasións foi un pouco aburrida pero coa interpretación do Demo a obra gañaba moito. Foi moi gracioso que collesen os nosos compañeiros no público e os fixesen subir.

Celeste Campaña 1ºBach C:

A min a obra gustoume, pero facíase un pouco repetitiva pois, a pesar de que os xuízos eran sobre persoas distintas, non achegaban nada novo.

Clara Suárez 1ºBach C:

A min a obra encantoume, e non só polo feito de que fora unha das persoas que chamaron para subir ao escenario, senón porque me pareceu que os actores o facían moi ben e ao estar arriba cos compañeiros aínda foi máis divertido. A pena foi que nos fixesen escribir tanto para nada!!!

Anónimo:

Esta obra pareceume bastante obvia e repetitiva xa que dende a primeira personaxe víase claramente a intención e a mensaxe que pretendía transmitir, polo que o resto das personaxes case non achegaban nada novo.

En xeral a obra non me achegou nada que non soubese.

Jacobo Abeijón 1ºBach A:

Ao primeiro pareceume algo esquizofrénica, despois comezou a ser entretida aínda que non me quedou moi claro o resultado do xuízo.

Fátima Lijó 1ºBach C:

Foi unha obra moi divertida, non parei de rir en toda ela. O que mellor estivo foi o Demo e ademais a súa actuación foi a máis divertida.

Xandra Rodríguez 1ºBach C:

Gustoume moito porque foi moi divertida, xa que tiveron que participar algúns dos rapaces do noso instituto e doutros. A personaxe que máis me gustou foi a do Demo, xa que facía moi ben o seu papel.

Eva López 1ºBach B:

A min a obra gustoume moito. Foi moi entretida porque os actores interactuaron co público e participamos todos. Rin moito grazas ao Demo. Eu volvería vela.

Isabél Places 1ºBach A:

Pareceume moi interesante o debate que tiñan entre o galego e o castelán mediante diferentes situacións e escenas. Aprendemos a valorar un pouco máis o galego como lingua.

Por outro lado, paseino moi ben polas cousas que facían e pola súa forma de interpretar.

Adriana Resúa 1ºBach A:

Pareceume distinta ás outras obras que temos visto anteriormente. Facíame moita graza o que facía de Demo. Ademais colleron a alumnos de distintos institutos e como non, do noso tamén. A verdade é que estivo moi ben e paseino xenial. Con respecto ao tema central, que era o uso do galego, tamén me pareceu que falaron moi ben sobre el e respectando o resto das linguas.

Celeste Campaña Batalla e Clara Suárez Somoza 1ºBachC



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.