Co inicio dun novo curso, despois dunhas xornadas de adaptación, é o momento para volver a estar con todos desde a sección: NO MEU MAR NA MIÑA LINGUA.
Comezamos cunha boa nova. Pois a tecnoloxía é o alicerce dun proxecto do Museo do Mar, para recuperar o noso patrimonio marítimo.
O proxecto consiste en dixitalizar as embarcacións tradicionais galegas en tres dimensións, estamos ante unha actuación pioneira en España, con obxectivos moi ambiciosos e favorables para o mellor coñecemento da nosa rica historia mariñeira.
O futuro Arquivo Virtual de Embarcacións Tradicionais (AVET), pretende entre outros os seguintes obxectivos.
Catalogación das embarcacións tradicionais, a gran maioría no esquecemento.
Achegar documentación sobre estas xoias do noso litoral.
Realizar un traballo de divulgación.
Unha dorna polbeira e unha gamela de Cabo de Cruz, son as dúas primeiras embarcacións obxecto do estudo. Desde a nosa sección imos seguir con entusiasmo este proxecto e os seus ambiciosos resultados. Para todos aqueles que desexen unha información máis completa, poden visitar a páxina www.avet.com
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]