Imaxe de cabeceira
O IES rebole
Vicente Feijoo

Vicente Feijoo, visitou o noso IES para falarnos dos seus traballos sobre a toponimia de Galicia e a litonimia.

Non se atopou a imaxe: doc181|left>

Vicente Feijoo Ares é natural do concello de Riós (Ourense), aínda que leva anos vivindo en Bertamiráns. Licenciado en Filoloxía Galego – Portuguesa, realizou os cursos de doutoramento e agora está a facer a tese doutoral sobre o léxico e a toponimia do sueste orensán.

Leva nove anos traballando no Proxecto de Toponimia de Galicia, tres como técnico de campo e seis como coordinador dos traballos de campo.
Encántalle a toponimia e está a investigar desde hai cinco anos no apartado de Litonimia, da que está a facer un libro.
A charla de Feijoo,  tratou sobre a toponimia en xeral, sobre o proxecto da toponimia e como non  a litonimia, que foi a charla que máis lles gustou aos asistentes. Nesta última, falou dalgúns dos nomes que reciben as pedras en Galicia e as motivacións que hai detrás de cada un deles, ata 24 temas distintos… a  charla  foi moi entretida  grazas ás fotografías de pedras e  dos seus nomes, que en moitos casos, vendo a foto xa queda o suficientemente explícito, como é o caso das pedras con formas antropomorfas, zoomorfas ou con formas de obxectos… algunhas pedras teñen lendas de mouros e mouras, as das pegadas do cabalo de Santiago ou as do cabalo de Roldán; todas aquelas que teñen nomes de santos con propiedades curativas ou mesmo que teñen o nome da enfermidade que curan, das que tamén falou dos rituais pagáns que se celebraban; as que teñen propiedades fecundatorias; moi interesantes  resultaron as relacionadas coa vida dos pastores nas serras do sueste ourensán… e por último, estando nunha vila de tradición mariñeira como Rianxo, falou das pedras do mar e os aspectos ós que responde cada topónimo…
Foi unha auténtica ledicia coñecelo.
 
 

Toponimia e Litonimia



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.