Cada ano utilÃzanse 22 millóns de toneladas de aluminio, das que se recuperan e reciclan algo menos do 20%. O principal uso que se fai hoxe en dÃa deste metal é nos botes de bebidas. Trátase dos envases con maior porcentaxe de reciclado de todo o mundo desenvolvido: cumpren todos os requisitos de reciclabilidade, xa que o proceso se pode repetir indefinidamente e fabricar novos botes enteiramente de material reciclado.
En España, consómense arredor de 5.000 millóns de envases deste tipo. Esta cifra consolida o noso país como o terceiro en importancia en Europa, detrás do Reino Unido e Alemaña.
Reciclaxe
Debido ao considerable aforro producido durante a reciclaxe e á sinxeleza do proceso, o aluminio empezouse a reciclar moi pronto e hoxe en día é unha actividade normal, tecnicamente resolta e rendible. Este proceso aporta, ademais, importantes beneficios medioambientais, económicos e sociais.
O 100% do material de aluminio recuperado pode ser reciclado.
No proceso de reciclaxe non cambian as características do material, xa que se obtén un produto coas mesmas propiedades. Ademais, o aluminio pode reciclarse indefinidamente e non diminúe a calidade do mesmo E Actualmente, en España a recuperación deste tipo de envases coséguese por distintas vías. A máis accesible para o consumidor é o xa coñecido contedor amarelo, que podemos ver nas rúas xunto aos de vidro e papel
Non sen bauxita .Sabías que…? Lixeiro, inoxidable e reciclable sen perda de calidade, o aluminio é o terceiro metal máis abundante da terra e un dos máis utilizados no mundo para a elaboración de envases.
|
Lixeiro, inoxidable e reciclable sen perda de calidade, o aluminio é o terceiro metal máis abundante da terra e un dos máis utilizados no mundo para a elaboración de envases. |
|||||||
|
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]