Imaxe de cabeceira
Sabías que... / Retratos
Entrevista a Xosé Manuel Lobato

Recentemente o profesor de matemáticas e membro do EDNL do IES Felix Muriel, Xosé Manuel Lobato , presentou en Rianxo o seu libro “Retorno á natura” con ilustracións do tamén profesor de plástica Alfonso Martínez. Dous alumnos de 1º de ESO fixéronlle a seguinte entrevista.

 

-“Retorno á natura” é o libro que vostede ven de presentar hai poucos días en Rianxo, que é o que podemos descubrir coa súa lectura?
Retorno á natura son 36 crónicas poéticas que tentan amosar unha imaxe do incomparable patrimonio natural de Galicia.
 
-Podemos falar dunha escrita de carácter ecolóxico?
Máis ben é unha escrita do natural e sobre o natural.
 
-Considera vostede si é que falamos de ecoloxía e medioambiente, que son bos tempos para Galicia?
Non. Sen dúbida nas últimas décadas o desastre ecolóxico asentouse dun xeito impactante.
 
-Quen ten máis concienciación nestes temas, as xentes das cidades ou as das aldeas?
Non teño datos para poder contestar pero a xente do rural e do mar ó viviren máis en contacto cos espazos naturais, fai que sexan máis sensibles a calquer cambio na súa contorna.
 
-Como foi a súa experiencia co pintor e profesor de educación plástica Alfonso, o ilustrador do seu libro?
Impresionante. Alfonso é un gran amigo e tamén un gran coñecedor de Galicia. O seu traballo de ilustración é fabuloso.
 
-Ten en mente algunha nova idea?
Sí. Para min é unha forma de evadirme e moitas veces escribo por unha necesidade vital
 
Para rematar, faga unha breve diagnose de Rianxo a nivel medioambiental?
-Rianxo padeceu hai tres anos aquela horrible oleada de incendios, aínda hoxe as árbores queimadas seguen a estar nos montes; o río Té está bastante descoidado e tamén hai que falar  dos verquidos que chegan á ría sen ser tratado.
 
Agradecemos a súa colaboración e desexando que o seu libro acade un gran éxito e  que o futuro do patrimonio natural  de Rianxo e o de toda Galicia perdure no tempo.
 
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

LUIS EUGENIO FERNÃNDEZ CASTRO e SERGIO COSTA LEÓN (1ºC ESO)



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.