Rematamos a mañá do venres día 2 de abril en Lisboa á hora de xantar, moitos de nós comemos na praza da Figueira.
Logo o autobús colleunos ó lado, no Rossio, para ir a Belem. Ó chegar fomos ó Mosteiro dos Jerónimos
Fixemos unha visita “semi-guiada” por unhas fotocopias que tiñamos. Antes de entrar como tiñamos ó lado a igrexa do mosteiro e era de balde e tiñamos tempo pois entramos na inmensa estrutura de estilo manuelino(o que saiba definilo por favor que poña un comentario).
Debido á nosa decisión a superar os xaponeses sacando fotos agarramos a nosa cámara e puxémosnos co espectaculo de falshes. A atencion dos máis enerxéticos foi atraída polo inmenso grosor das columnas coas que se puxeron a facer o gañote. Os demais admiramos o esplendor do claustro, mirando as vidreiras feitas a colores, tumbas… ata que nos mandaron ó piso superior.
Na parte de arriba estivemos dando un breve paseo, xa que non tivemos a oportunidade de visitar unha esposición que estaba cerrada, por ese motivo marchamos rápido.
A continuación fomos andando ata a Torre de Belem, aquí fixemos unha pequena visita a toda velocidade porque querían pechar. Tamén levabamos unhas follas con información para poder ver o máis interesante deste lugar.
A continuación fomos andando ata a Torre de Belem, aquí fixemos unha pequena visita a toda velocidade porque querían pechar.
Ademais chegamos un pouco tarde xa que non nos esperabamos que quedara tan lonxe, e porque tamén fomos mercar os pasteis de Belem á tenda típica… quedamos impresionados polo grande que era, polos turistas que alí había e pola cola que chegaba ata fóra, aínda que os pasteis non eran moi especiais.
Chegamos en diferentes fases, segundo o que correra cadaquén.Subimos ata ó alto e dende alí víase a praia, o Monumento As Descobertas que estaba en fronte do Mosteiro dos Xerónimos, a ponte do 25 de abril…. é dicir, disfrutamos dunha boa paisaxe , coa que se nos esqueceu as moitas escaleiras estreitas que tivemos que subir coa calor que facía, pero valeu a pena. Desta vez tamén levabamos unhas follas con información para poder ver o máis interesante deste lugar.
Ó rematar a visita sentamos nunhas escaleiras en fronte da torre, e tivemos que chamar a Benito porque estabamos moi cansos e non eramos capaces de voltar ata o aparcadoiro do mosteiro.
Aquí remataba a nosa viaxe, pero isto non acabou asi , cando xa estabamos acomodados no autobús para poñernos a dormir comezamos a sentir unha calor sofocante que cada vez aumentaba ata que empezamos a sentir que nos faltaba osíxeno…vímonos na obriga de parar na autoestrada para arranxar a avaría do bus (só funcionaba a calefacción e non baixaba de… 40º??!!!). Ó final refrescamos o autobús e chegamos sen máis incidencias.
Volveríamos, pero máis días!
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]