Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Viaxe a Peniche-Lisboa 1

Esta é a crónica da viaxe a Peniche-Lisboa nos días 31 de marzo, 1 e 2 de abril. Comezaremos falándovos de Peniche xa que foi a nosa primeira parada en Portugal.

Non se atopou a imaxe: file:///E:/fotos%20lisboa%20reducido/peniche%201.JPG

O martes 31 de marzo, saímos de Rianxo as 15:15 cun longo e esgotador traxecto por diante xa que estivemos aproximadamente cinco horas no autobús. Chegamos arredor das 21:00 ó hotel Praia Norte no que desembarcamos as maletas e dirixímonos cada un á súa habitación para descansar unha hora e prepararnos pra ir visitar Peniche.Alí paseamos polas rúas onde só había restaurantes ( nun dos cales atopamos ao noso condutor, que saíu a saudarnos e os donos pensaban que quería marchar sen pagar). Ó día seguinte á primeira hora da mañá visitamos Peniche e arredores, ata os acantilados e o faro Carvoeiro. Hai que anotar que tres alumnos perderon a visita porque se ergueron tarde de máis e quedaron no hotel as dúas horas que nós disfrutamos da marabillosa paisaxe:

Logo entramos á fortaleza, o que foi antigo cárcere, tal e como lemos en Resistencia de Rosa Aneiros. De feito, teñen unha das plantas do museo para recrear como eran as celas onde “vivían” os presos políticos:

peniche4

 

 

Este é o edificio máis antigo dentro do espazo da fortaleza.

 

 

 

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.