Imaxe de cabeceira
Música ...de aquí e de acolá / Música galega actual
Un compañeiro noso gaña un concurso americano de composición para bandas.

O noso compañeiro do IES Félix Muriel, Antón Alcalde Rodríguez de 17 anos, alumno de cuarto da ESO gañou o certame internacional de composición que lle garante a proxección da súa carreira en distintos países. Foi no día 3 de maio cando o xurado da segunda edición do Concurso Iberoamericano de composición para banda Villa de Ortigueira deu a coñecer o título da obra vencedora: Viaxe ao centro da terra (homenaxe a Julio Verne)

Alcalde Rodríguez era o único músico galego que optaba ó premio xunto a outras dez composicións de artistas de países como Costa Rica, Colombia ou Arxentina, ademais das chegadas doutras comunidades españolas. Como premio, Antón recibiu un trofeo e un diploma, ademais da garantía de que a súa obra se escoitará ao outro lado do “charco”. Os organizadores do concurso, o Concello e a Banda de Ortigueira, contan cunha serie de entidades colaboradoras en distintos países entre as que se distribuirá a composición de Antón Alcalde para a súa posterior interpretación ou gravación.

 

O xurado, composto por directores e músicos internacionais, recoñeceu a El triángulo de las Bermudas e Katábasis co segundo e terceiro premio.


GORETTI



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.