Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Premian o proxecto “Mar de Lira”

Os mariñeiros de Lira, alá polo ano 2000 estaban nunha situación límite. A pesca como medio de vida perigaba, a cultura mariñeira, tamén. Os setenta mariñeiros da confraría de Lira apostaron por un novo futuro da man dun proxecto que suscita interese fóra de Galicia, falamos de Mar de Lira.Proximamente recibirán na Serra de Outes o premio Leixaprén 2009.

O proxecto Mar de Lira en Carnota, A Coruña, ten como finalidade reavivar o sector pesqueiro nunha bisbarra que como outras de Galicia, non se libra da crise. Para a xente do mar, esta situación iníciase xa no ano 2000, antes da catástrofe do Prestige, daquela, setenta mariñeiros da confraría de Lira, apostaron por un novo futuro diversificando e pondo en valor o seu traballo ademais de buscar novas canles de comercialización para os seus recursos naturais por medio de Lonxanet, unha empresa on line de comercialización solidaria e de distribución directa dos productos do noso mar.

A Confraría traballa en todo momento coa intención de conservar os recursos mariños e divulgar a cultura mariñeira como é a recente publicación “Os Nomes do Noso Mar”, unha recompilación  dos topónimos desta  marabillosa costa.
Mar de Lira, na súa páxina web http://www.mardelira.net , ofrece a seguinte presentación deste proxecto.  
O escritor senegalés Baba Dioum, a finais do século pasa do escribiu: " A fin de contas, somentes conservamos o que amamos. Somentes amamos o que comprendemos. Somentes comprendemos o que nos ensinaron".
Dende Mardelira coas diferentes actividades que realizamos pretendemos ensinar para comprender, e deste xeito amar o medio mariño, para tratar de conservalo.
¿Que é Mardelira?
Mardelira é un proxecto que nace na Confraría de Lira cos obxectivos básicos de dar a coñecer o mundo da pesca e o mar á sociedade ademais de dinamizar o entorno social da comunidade pescadora de Lira.
Basicamente, con Mardelira tratamos de dar a coñecer a cultura mariñeira para promover o respecto polo mar:
  • Difundindo a cultura da pesca artesanal e os seus valores ó mundo da educación e a sociedade.
  • Organizando actividades deseñadas para comunicar os nosos saberes.
  • Compartindo con nós unha xornada de pesca.

Con esta iniciativa a Confraría de Pescadores de Lira, quere buscar a dinamización dunha comunidade ata o de agora dedicada en exclusividade á explotación dos recursos mariños e que quere abrir novos horizontes á súa actividade tradicional, botando man do tesouro de sabiduría mariñeira e de riqueza natural e paisaxística que recibiu en herdanza.

Quedades convidados e convidadas a coñecer e participar neste proxecto.

EDNL



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.