Imaxe de cabeceira
O IES rebole
Premiados no Concurso de Lectura en voz alta. Letras Galegas 2009

Mateo Romero Ordoñez de 2º de ESO grupo C e Julia Gil Ordoñez de 3º de ESO grupo B, gañadores do concurso de relato oral.

O venres 29 de maio de 2009, fallouse o premio do Concurso de lectura en voz alta Letras Galegas 2009. Os participantes repartidos en tres quendas, leron parte dun texto da Filosofía da Saudade de Ramón Piñeiro
O alumnado participante foi o seguinte:

• Daniel Fernández Romero 1º B ESO
• Alejandra Picón Romero 1º B ESO
• Iván Ces Barcia 1º C ESO
• Marcos Moares Costas 1º C ESO
• Arantxa Miguéns Miguéns 1º C ESO
• Nerea Lorenzo Rodriguez 1º C ESO
• Catherin Martínez Martín 1ºC ESO
• Carla Tubío Rey 1º E ESO
• Brais Susavila Martínez 1º E ESO
• Mateo Romero Ordoñez 2º C ESO
• Patricia Gey Fernández 3º D ESO
• Elisabet Lajos Ordóñez 3º B ESO
• Julia Gil Ordoñez 3ºB ESO

O xurado, valorou a pronuncia, ritmo, dominio do vocabulario, entonación e sobretodo, a capacidade dos participantes para captar a atención dos ointes.
Rematada a fase de lectura, e por unanimidade , acordouse conceder o premio dun vale de 50€ a :

Mateo Romero Ordoñez 2º C ESO
Julia Gil Ordóñez de 3º B ESO.

Dende o EDNL do IES Félix Muriel, queremos felicitar a tódolos participantes pola súa boa actuación e especialmente ós dous premiados que logo poderán recoller o premio conseguido.
Para que vos fagades unha idea da dificultade e complexidade dos textos que tiveron que ler, aquí vai unha mostra da Filosofía da Saudade de Ramón Piñeiro:

"O MENOSPREZO SOCIAL DA LINGUA"

O menosprezo da lingua galega era cousa adoitada na nosa burguesía urbana. Tíñase por lingua "rústica", "ordinaria", "plebea", e aos seus falantes por "ignorantes", "atrasados", "vulgares". Esta actitude despectiva campou durante moito tempo e aínda hoxe conserva vixencia aínda que xa á defensiva. Coa soberbia que lle daba o seu poderío social, ademais de autoalimentar a súa runfadela menosprezadora chegou a exercer tal brutal presión sobre a mentalidade colectiva que os propios galego-falantes tragárona por verdadeira. Chegaron a ter por certo que o falar en galego era o signo indiscutible do seu atraso, da súa inferioridade, sen caeren na conta -nin podía pedírselles tal cousa- de que a súa inferioridade radicaba no nivel de vida e non no idioma falado. Non se decataban de que a superioridade dos desprezadores era económico-social, mais non idiomática.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.