Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Nos bordes da física

Dentro das actividades da Semana Cultural das Letras Galegas, o día 13 de maio do 2009, veu dar unha conferencia Jorge Mira Profesor e Dde Física na Universidade de Santiago de Compostela, o suxestivo título da charla era Nos Bordes da Física.

Ao longo da conferencia Jorge Mira demostrounos como os principios físicos, que moitas veces percibimos lonxe de nós, están na nosa realidade máis inmediata.

En primeiro lugar explicounos, por medio de exemplos moi próximos a nós, como as relacións entre os seres humanos están determinadas por un principo natural, xa estudado por Charles Darwin na súa obra “A orixe do home e da selección en relación ao sexo”, que determina que seleccionaremos como parella aquel individuo que consideramos máis idóneo para a reprodución. En relación a isto, mostrounos varios artigos científicos, recoñecidos internacionalmente mediante premios, nos que se estudaba o proceso de selección de parella entre os humanos. Porén, pese a esta predisposición natural, nas últimas décadas cambiouse o canon de beleza, e impúxose un patrón de beleza, responsable, en certa medida, de enfermidades graves como pode ser a anorexia.

Falounos dos premios Ig-Nobel aos que se presentan estudos candomenos sorprendentes, tratando temas que non parecen importantes ou relevantes para a humanidade, hainos de distintas categorías como os premios Nobel, de Literatura, de Medicina, de Química, de Física,…

Jorge Mira, xunto a outro científico, é o responsable dun estudo científico sobre a temperatura do ceo e do inferno, realizado a partir de datos extraídos da Biblia, chegando á conclusión de que o ceo está a 505 K (232ºC) e o inferno a 717,6 K (444,4 ºC), afortunadamente o ceo está máis frío. Este estudo tivo unha enorme repercusión no mundo científico e moitos medios de comunicación de diferentes países publicaron artigos relacionados coa teoría destes científicos españois. O obxectivo deste estudo, foi, nun principio, criticar o creacionismo, que é un conxunto de crenzas relixiosas segundos as que a Terra e cada ser vivo que existe provén dun feito de creación por un ser divino.

A ciencia pódese utilizar tamén na nosa vida diaria, por exemplo, o botafumeiro segundo nos contou, empezouse a utilizar para eliminar o cheiro dos peregrinos. O incrible foi que nesa época aínda non se tiña estudado o péndulo, base do sistema que move o botafumeiro, non sería ata catro séculos despois que se ten noticia da invención do péndulo. Contounos que a pregunta máis repetida entre os turistas é: e nunca caeu? E a resposta é si, en dúas ocasións: en 1499 e foise estampar contra a porta de Praterías e volveu caer en 1622 que caeu nos pés nos homes que tiran del, xusto cando empezaba o seu movemento.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.