Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas / Os nosos autores
Náutica castrexa

O artigo dos investigadores portugueses utiliza os estudos do etnógrafo ourensán Xaquín Lorenzo para elaboraren as súas conclusións.

Entre 2002 e 2003 foron descubertas e recuperadas no río Limia, nas proximidades do eixo entre Lanheses, na marxe norte, e do lugar da Passagem, de Moreira de Geraz do Lima na marxe sur, duas piraguas datando entre os séculos 4º e 2º a.C., que recibiron a designación de Lima 4 e 5. Desde os anos oitenta xa foran recuperadas neste río outras tres embarcacións do mesmo tipo datando da época medieval,
dúas das cales preto desta mesma área. Estes achados están claramente relacionados cunha tradición multimilenária desta área de pasaxe do río, ben documentada; constando nun itinerario dos camiños da famosa peregrinación medieval de Santiago de Compostela. A piragua 4 do río Limia presenta, entre as súas mais sobranceiras características, a de ter a
babor, no seu bordo de vante, uma táboa de enchemento ou reparación fixa ao flanco, tope a tope, pola técnica de encaixe, mecha e respiga, típica do modo de fixación das táboas de casco dos navíos da época clásica mediterránica.
A piragua 5 nunca chegou a navegar por ter sido nunca acabada debido á rachadura axial das súas extremidades, apesar das tentativas de calafateado atestadas.

 

Vídeo sobre o traballo de Xaquín Lorenzo con música de Fuxan os ventos:

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.