Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Mar de Lira recibe o X premio Leixaprén

O vindeiro xoves 28 de maio de 2009 na Casa da Cultura de Outes, celébrase a entrega dos Premios Leixaprén

X PREMIO LEIXAPRÉN

O vindeiro xoves 28 de maio de 2009 na Casa da Cultura de Outes, celébrase a entrega dos Premios Leixaprén

OS INICIOS DO PREMIO LEIXAPRÉN

No curso 1999 2000, a iniciativa do IES "Poeta Añón" de Serra de Outes, creouse o premio “Leixaprén" en recoñecemento á defensa da lingua galega.
O premio leva o nome de “Leixaprén" en lembranza da lírica medieval, unha das mais importantes líricas romances da Europa Occidental e corazón poético da idade áurea da literatura galega. O termino “Leixaprén” fai referencia a un artificio (especialmente frecuente na lírica galego-portuguesa) que consiste na terminación dunha estrofa e o comezo da seguinte coas mesmas palabras.

“Leixaprén" creouse como un premio aberto á participación de tódolos Equipos de Normalización Lingüística dos IES e os CPI que quixeran sumarse á iniciativa. Estes ENL crearon unha Asociación denominada COORDINADORA LEIXAPRÉN DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA (CLENL), que ten como obxectivo a defensa e promoción da lingua galega así como o fomento e organización de todas aquelas actividades que teñan como base primordial a consecución daquel obxectivo.

OS PREMIOS:

Foron varios os premiados nestes 10 anos e isto é un repaso dos gañadores:
No 2000 foi Manuel María o premiado e o homenaxeado Francisco Añón, en 2001 recibiu Xosé Agrelo o premio e Belén Feliú, en 2002 Isaac Díaz Pardo levou o premio e o homenaxeado Manuel Fabeiro (Manolé), no 2003 premiouse a Irimia e o homeaxe Francisco Suárez Salgado. En 2004 foron premiados a Asociación de Funcionarios e homenaxeouse a Agustín González pola Normalización Lingüística. En 2005 levou o premio leixaprén Vieiros e a homenaxe levouna María Mariño. Fai 3 anos en 2006 Sala Nasa levou o premio e a homenaxe foi para Brea Segade e Faustino Rey Romero. No 2007 a Editorial Toxosoutos levou o premio e a homenaxe foi para A Literatura Tradicional Oral. E o ano pasado, 2008 o premiado foi A Escola Infantil Raiola de Santiago de Compostela. Este ano o homenaxe é para Domingo Sendón Rodríguez, e o premio para a Asociación Mar de Lira. A información sobre esta asociación téndela no artigo anterior.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.