Imaxe de cabeceira
Deportes
Goleada histórica no Bernabeu

O pasado 2 de maio, no Santiago Bernabeu, xogouse o esperado clasico: REAL MADRID-BARÇA. Os seguidores “merengues”dicían que chegaban con medo xa que só estaban a catro puntos na clasificación. O caso foi que o Barcelona, alleo a estes comentarios, xogou… incluso mellor do esperado.


Empezou o partido e, no minuto catorce, gol do Madrid; Higuain, cabecea un balón centrado por S.Ramos. O Barça seguiu co seu xogo. No minuto dezasete chegaría a recompensa cando Henry, tras un pase de Messi, pon o empate no marcador. Máis tarde unha falta tirada polo “profe” Xavi, Puyol mete o segundo despois dun potente tiro de cabeza. Todavía quedaba moito partido e nada estaba decidido. Todas as dúbidas esquecéronse cando Xavi roubou un balón no medio do campo, que cedeu a Messi para que este fixera o terceiro. Co resultado de 1-3 o encontro foi ó descanso.

Ó comezo do segundo tempo, Ramos fai o 2-3 despois dunha falta botada por Robben. Os culés non quixeron ser menos e sen facerse de rogar, Titi meteu o cuarto. Nese momento empezou a festa. Messi meteu o quinto. Todo parecía quedar aí. O Barça tocaba e tocaba, pero non comforme con isto, Piqué non quixo ser menos, e despois dunha parede co camerunés, o defensa puxo o balón no fondo da rede. O partido acabou cun brillante 2-6. Os azul-granas festexárono polo campo mentres xogadores e afeccionados do Madrid deixaban o estadio amoucados. Esta goleada vai ser moi difícil de esquecer, sobre todo para os protagonistas que o viviron en primeira persoa.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.