Imaxe de cabeceira
Música ...de aquí e de acolá / Traballos de música galega
Disco 13 Lúas

 

Antes de que existiran formas tecnolóxicas de medir o tempo a xente guiábase polo sol e a lúa. Esta era unha forma de adaptar a vida ás diferentes épocas do ano (magosto, pascua…) que sempre estiveron acompañadas de melodías.

A Asociación de Gaiteiros Galegos reuniu música para doce meses (ou 13 lúas) que lembrasen o ciclo anual da nosa tradición. O resultado é: 13 Lúas, un libro-CD-DVD que nos convida a unha viaxe de doce meses con cadansúa canción e co ciclo do ano como fondo da escena. Recolle tamén un documental didáctico sobre o calendario lunar.

Desde a Asociación de Gaiteiros Galegos agardan que poida ser utilizado como elemento educativo, tanto na casa coma na escola, e supoña un paso máis de cara á normalización da nosa música tradicional.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.