Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Correlingua 2009. Álbum de fotos.

O pasado martes 12 de maio de 2009, na Pobra do Caramiñal, tivo lugar a 2ª edición do Correlingua. Nesta festa adicada á nosa lingua, participaron cerca de 2.700 rapaces e rapazas dos concellos de Riveira, A Pobra, Boiro e Rianxo.

Foi un bo día.Pasámolo moi ben, coñecemos xente doutros institutos, trouxemos moitas sinaturas de rapaces e rapazas que non coñeciamos,¡TEMOS QUE VOLVER!

O concerto non o puidemos ver completo porque tivemos que marchar e o teatro foi para nenos e nenas de primaria.

Tiramos moitísimas fotos e segundo o xornal alí eramos mais de 2700 persoas de moitos colexios e institutos de Boiro, A Pobra, Riveira, e, claro está non podía faltar Rianxo ao completo. Nós levábamos unha gorra azul, camiseta branca co debuxo do "Correlingua 2009" e bolsas vermellas para identificarnos e diferenciarnos do resto dos participantes.

O noso instituto levaba unha pancarta grandísima que puña: "CORRENDO OU ANDANDO GALEGO IMOS FALANDO".

Xa estamos agardando polo "Correlingua 2010".

YAIZA,SERGIO, LUIS, ARIZ E DANI DE 1º C e 1º B ESO



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.