Imaxe de cabeceira
Sabías que...
ConCiencia 2009

Santiago recibe un ano máis a persoeiros da máxima relevancia científica mundial.

Nos próximos días, o programa de divulgación científica ConCiencia, promovido pola Universidade

e polo Consorcio de Santiago, trae a Compostela tres científicos de primeira fila, recoñecidos co Premio Nobel, que impartirán, ás oito da tarde e con tradución simultánea, as conferencias seguintes:

 

Jen-Marie Lehn, (Université Louis Pasteur, Francia)

Nobel de Química 1987 polo “desenvolvemento e uso de moléculas con interaccións específicas de estrutura de alta selectividade”

Conferencia: Da materia á vida: Química? Química! (28 de maio, Hostal dos Reis Católicos).

James Watson Cronin, (Kavli Institute for Cosmological Physics – Enrico Fermi Institute

, EE.UU.)

Nobel de Física 1980 polo “descubrimento de violacións de principios fundamentais de simetría no decaemento de mesóns-K neutrais”

Algunhas viñetas na historia da investigación en raios cósmicos (1 de xuño, Centro Galego de Arte Contemporánea).

Roger David Kornberg (Stanford University, EE.UU.)

Nobel de Química 2006 “polos seus estudos das bases moleculares da transcrición eucariota”

Título sen confirmar (15 de xuño, Teatro Principal).

 

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.