Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas / Os nosos autores
Carlos Negro comezou a impartirnos un “Obradoiro de escrita creativa”

Nas dúas últimas horas dos mércores durante este mes de maio e mais a primeira semana de xuño, imos disfrutar dun obradoiro de escrita creativa . O pasado mércores 6 de maio tivemos a primeira sesión con Carlos Negro, que vai ser quen nos introduza no mundo da creación literaria.

 

Como primeira experiencia estivo moi ben, incluso a algúns xa nos espertou o noso espírito “poético”. Despois de presentarse el dunha forma moi orixinal, xa comezamos o noso traballo. O primeiro que fixemos foi presentarnos mediante acrósticos.

 

Logo, a través dun xogo colectivo escribimos un poema, este foi o resultado:

-A Persoa Indecisa-

 O caos meteuse na miña bañeira

a morte acechate ata cando estas durmindo:

joder, non ten corazon.

non sei o que vin, era moi profundo,

un cadro sen sentido, cuns pés

unha noite divertida

un mundo cheo de maldades.

se te vas, se me deixas, levate o meu corazón,

porque a morte sempre me acompaña

a morte é a acompañante no teu soño

a morte penetrando no seu corpo

hai unha muller cunha espada,

un cadro cun par de pés

e durmir cun morto enriba produce pesadelos

¡que horror da velo!

eu andaba pola cidade escura

e ainda que a morte aniñe sobre a miña cama non perdo a esperanza.

a vidsa é moi curta

eu non coñezo o significado dos cadros:

quizais sexa a miña avoa cun traxe pintoresco.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.