Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Bases do Concurso de lectura en alto

O EDNL ven de facer publica a convocatoria do Concurso de relato oral Letras Galegas 2009. Nesta edición pode participar todo o alumnado que o desexe. O prazo de inscripción remata o día 15 de maio.

 
 

BASES

1. Pode participar calquera alumno e alumna do IES FELIX MURIEL.
2. A actividade consitirá na lectura dun texto de
“A FILOSOFÍA DA SAUDADE”
de Ramón Piñeiro.
3. As persoas interesadas deben apuntarse antes do 15 de maio no departamento do EDNL ou no taboleiro do ENDL (ao lado dos baños).
4. As lecturas faránse en acto público durante os recreos da semana do luns 18 de maio.
5. Previamente, exporase un calendario co horario e a orde de participación das persoas inscritas neste certame.
6. O xurado estará composto por:
• un profesor/a do centro,
• un profesor/a do EDNL,
• dous alumnos ou alumnas do EDNL.
• O xurado valorará a pronuncia, o ritmo, a expresividade e o dominio da lingua de cada un dos participantes.
7. Haberá dous premios consistentes nun vale de compra de 50€ para cada un dos premiados ou premiadas.
8. A non presentación na data e hora indicada na convocatoria, suporá a exclusión do concurso.

Rianxiño a 7 de maio de 2009

LETRAS GALEGAS 2009



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.