Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas / Os nosos autores
Actuación de Serafín Marcos sobre Ramón Piñeiro

Podedes ver un fragmento da actuación no vídeo que engadimos ó final.

Serafín empezou falándonos do que coñecía de Ramón Piñeiro e varias anécdotas que tivera con el. Tamén algo sobre a súa biografía. Por exemplo contou o que lle pasara a unha cantante de ópera cando falou con Ramón Piñeiro e o que el lle dixo. Entre tanto e tanto baixaba a onde estaban sentados os estudantes, xunto a un rapaz, e“berroulle” para simbolizar os recordos de infancia. Tamén nos meteu un bo susto tirando co mobiliario, monecos de trapo, pelotas e outros obxectos... Realizou isto para representar a guerra civil. Colgou fotos polas paredes e despois explicounos algunha cousa sobre elas e leu unha carta que escribiu antes de marchar-Ramón Piñeiro-, debido á emigración.

Despois colleu un caldeiro con herbas collidas por  aí como anís, menta, etc, representando o aroma da terra. E despois colleu un caldeiro de auga co que encheu un recipiente, e unha guitarra e púxose a tocar. Logo, presentou 3 caixas e preguntoulle ao público quen quería ver o que había nelas. Foi un rapaz de 3ºE chamado Roberto e a seguir subiu ao escenario Ignacio da mesma clase, e montaron unha “pelexa”entre os tres. A seguir, púxose a andar polos asentos do público ata chegar ao final e sentar nunha cadeira. Máis tarde, volveu para adiante e coa mesa, a cadeira, e táboa intentou simular coa man que estaba poñéndolle un selo a un papel e despois púxose a tocar coas mans contra a mesa e a berrar. Tamén nos tirou papeis. Finalmente dixo que iamos comer pan e soltou dúas frases filosóficas; repartiu papeis á xente do público con palabras en galego, como por exemplo: souto, bolboreta e outras polo estilo.

 

Ensinounos un plástico con manchas verdes, pero el dixo que representaba un país erosionado. E pasounos o plástico por riba a todos, e pintouno connosco debaixo. Despois volveu coller o recipiente no que ía xuntando cachos de pelo que os espectadores lle cortaban, e queimou o contido, que comezou a ulir espallando o cheiro polo salón.

Despediuse cunhas frases sobre Ramón Piñeiro e púxose a inflar un globo e explotouno mentres o inchaba. Desta maneira acabou a “conferencia”, que de seguro non deixou indiferente a ninguén. Serafín Marcos amosounos un espectáculo extravagante e provocador.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.