Imaxe de cabeceira
Deportes
Regata internacional de Pas de Calais

O día 23 de Xaneiro a expedición do Clube de Piragüismo “As Torres” parteu dende Oporto con destino a Paris para participar na Regata Internacional de piragüismo Pas de Calais que se disputou o domingo 25. Esta competición está considerada como a mais dura do calendario invernal, xa que en Francia se citan selecións de Bélxica, Holanda, Gran Bretaña, Bielorrusia e Macedonia, ó igual que os clubes máis relevantes do panorama europeo. Nesa ocasión  citáronse un total de 61 clubes de 16 nacionalidades distintas, e inscribíronse un total de 600 padexeiros.

 

            As Torres desprazou un total de 23 deportistas con Luís Castaño e Manuel Isorna como entrenadores a lista conpoñíana: Aitor Acuña, Gloria Silva, Ismael Pesado, Miguel Salgado, Diego Romero, Adrian Pose, Marcos Barreiro, Sandra Acuña, Olalla Feijoo, Belén Pose, Antonia Lobato, Antón Vázquez, Diego Miguéis, Daniel Vázquez, Marta Conde, María Salgado, Iria Laíño, Noemí Acuña, Pablo Cudillero, Cesar Lombera e os tres rianxeiros: Brais Martínez, Anxo Galbán e Pedro Ferro. (Anxo Galbán cursa 4º  da ESO no noso instituto e Pedro Ferro rematou ESO o pasado curso).

 

            A regata arrincou na localidade de Arras cunha contrareloxo de 2000 m. na que os seis primeiros finalistas se clasificaban para a final A, e do sétimo ao duodécimo posto para a final B. Brais Martinez colgouse a prata na final de canoa cadete, Pedro Ferro, en K-1 Júnior impúxose na súa final B e Anxo Galbán quedou noveno no C-1 cadete. As boas clasificacións de todos os padexeiros, a pesar de que o clube tivo importantes baixas, fixo que As Torres, acadara un mais que meritorio 6º posto na clasificación final por equipos.

IVÁN FERRO HERBÓN 1º ESO “B”



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.