Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Coordinadora de ENDL

O sábado 28 de marzo, tal e como xa anunciamos hai un par de semanas, tivo lugar no Instituto Galego de Información (Santiago de Compostela) unha xuntanza de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística á que se adheriron uns 120 equipos. Nesa convocatoria, acordouse o seguinte:

1.       Convídase a todos os Equipos de Normalización a apoiar o texto, que se atopa no documento anexo, e que foi resultado do debate e as modificacións que se fixeron ao borrador inicial que levaron á xuntanza o grupo de docentes que fixo a convocatoria. Hai dúas maneiras de achegar o apoio dos equipos:

a. Enviando un fax ao número 981800064, no que se identifique o centro educativo e o concello no que está situado, así como o nome e apelidos do coordinador ou coordinadora xunto co seu número de DNI e o seu correo de contacto para facilitar a comunicación directa cos equipos no futuro.

b. A través da páxina web http://www.coordinadoraendl.org/, habilitada expresamente para este fin, que reproduce o texto e solicita os datos identificativos do ENDL e o/a coordinador/a.

 
2. Así mesmo, o sábado 18 de abril ás 10:45 quedamos convocados á entrada da Estación de Autobuses de Santiago de Compostela para ás 11:00 darlle entrada no Rexistro da Xunta a este documento avalado polos ENDL. Esta é unha primeira entrega de sinaturas. Posteriormente, faranse novas entregas de sinaturas a medida que se vaia desenvolvendo a campaña de recollida de adhesións dos equipos. É importante que se achegue o maior número de persoas a este primeiro acto público.

3. Posteriormente, ás 11:30 dará comezo a asemblea constitutiva da Coordinadora Galega de ENDL no MUPEGA, Museo Pedagóxico de Galicia (San Lázaro, Santiago de Compostela). Se hai algún cambio de localización do encontro, será comunicado.





Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.