Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando / Globalingualizando
Seccións bilingües nos institutos

Nós non temos no noso IES ningunha sección bilingüe, pero fixádevos que noticia máis interesante!

A conselleira de Educación e Ordenación Universitaria (Laura Sánchez Piñón), realizou o pasado dia 19 de febreiro unha visita ao IES de Ames. Neste centro comprobou o funcionamento das seccións bilingües (materias non lingüísticas que se imparten nunha lingua estranxeira) que se desenvolven neste centro, tanto en 3º e 4º de ESO, nas materias de Bioloxía e Física e Química; como en bacharelato nas materias de Ciencias para o mundo contemporáneo e Química. A conselleira dixo que este curso se desenvolve na Comunidade galega un total de 665 seccións bilingües en 190 centros, unha cifra que duplica á do curso pasado e que sitúa a Galicia á cabeza desta iniciativa, tanto en España como en Europa.

 

Por esta razón a CCN,  que é un organismo internacional financiado pola Comisión Europea , convidou á Consellería de Educación a explicar por primeira vez a súa experiencia nun congreso internacional de aprendizaxe integrada de linguas que se celebrou en outubro en Estonia. Deste xeito, Galicia estivo por primeira vez presente de maneira activa na rede internacional de comunidades que destacan pola aprendizaxe de idiomas.

 

Durante a súa visita, a conselleira intercambiou experiencias e conversa cos profesores e alumnos, que están a participar no programa de seccións bilingües, así mesmo cun grupo de 16 alumnos e alumas procedentes de Nova Orleáns que están a realizar un intercambio co IES de Ames mediante un programa de intercambios con centros doutros países para mellorar a aprendizaxe de linguas. Tamén os alumnos/as deste centro galego estiveron en Nova Orleáns o pasado mes de outubro.

 

A conselleira de Educación para finalizar lembrou que o departamento que ela dirixe vén de convocar esta semana axudas dirixidas ao alumnado e profesorado de centros de ensino galegos que participen en estadías e intercambios con centros de ensino doutros países, unha iniciativa para a que a Administración educativa destina en 2009 máis de 370.000 euros.

 





Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.