Imaxe de cabeceira
Sabías que...
Pódese inventar o talento?

A ciencia, a medida que vai irrompendo na cultura popular, ofrece respostas ás mulleres e ós homes da rúa, que antes debían buscar nos protagonistas do pensamento dogmático ou nos bruxos. A búsqueda do talento e a creatividade é un bo exemplo.

Oíron falar da capacidade metafórica? É o primeiro requisito do talento; a especie humana suponse que o desenvolveu hai uns cincuenta mil anos. O primeiro día que un dos homínidos cazadores recolectores exclamou”¡O meu fillo está máis forte ca o ferro!” estaba activando un don insospeitado de mesturar dominios cerebrais distintos como biolóxicos -o fillo- co dominio, ata entón separado,dos materiais-neste caso,o ferro-.

Cincuenta mil anos despois, os catedráticos utilizan unha palabra para o mesmo don: multidisciplinariedade. Sen exercicio do poder metafórico ou multidisciplinar non hai talento que valla.

 No cerebro existen uns circuítos por onde se activan os chamados inhibidores latentes.As persoas ás que lles funciona adecuadamente poden ler unha novela nun tren ateigado de xente. Inhíbense do mundanal ruído e poden concentrarse na lectura da novela. Igual ocorre cos namorados. Neste caso,os  seus inhibidores latentes funciónanlles demasiado ben, ata tal punto de que se abstraen de todo o demais e só poden concentrarse nos supostos atributos da amada ou amada. Serve de pouco alertalos de peiigos reais sobre a conduta do ser amado. Só ven as súas virtudes e inhíbense do resto.                                

Sen inhibidores latentes  coma estes, é decir, aqueles que permiten asimilar información, coñemementos  procedentes de  lugares disparatados, como ocorre cos artistas, non hai talento que valla.

  Hai que decidir co corazón ou coa  razón? Durante moito tempo creuse que o talento era o froito dunha reflexión. Nunca se analizaron cientificamente os mecanismos intuitivos. A intuición non se consideraba sequera coñecemento. Non te podías fiar da intuición. Máis tarde, a análise científica demostrou que gran parte da historia da evolución transcorreu a golpe de intuición. Cando non había tempo para ponderar distintos factores, tomábanse decisións intuitivamente; a verdade é que, pouco a pouco, pódese constatar que a marxe de error nos procesos automatizados non era maior, senón todo o contrario, ca a dos procesos discriminatorios, cando había tempo para pensar.

 Nos últimos anos, a ciencia foi máis lonxe e chegou á conclusión de que en determinados casos e moito máis segura a intuición que a razón Cando? Cando non se dispón de toda a información necesaria. En moitas ocasións, menos información é mellor que moita información. Un exemplo: Que poboación ten máis habitantes, Toledo ou Guadalaxara? Se se fai a pregunta a españois, que sobre este particular teñen bastante información, a opinión está moi dividida. Se a mesma pregunta se fai a cidadáns franceses que oíron falar de Toledo algunha vez estudando a historia, pero pouco máis, a porcentaxe de acertos nas respostas será, con toda probabilidade,  máis próxima á realidade: Toledo.

O talento depende, por último, do coeficiente intelectual. Do listo que sexa un. Iso é o que se cría sempre. Pois é falso. Resulta que o mellor xogador de jockey sobre patíns éo porque se dedicou ó tema un promedio de 10000 horas. O mesmo que o primeiro xogador de baloncesto. O mesmo que Bill Gates á programación de ordenadores. Sen dedicación e esforzo non hai talento que valla.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.