Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas / Creación literaria
O Terceiro Mundo

Unha análise reflexiva sobre as condicións de vida infrahumana que están a padecer as persoas que viven no continente africano e a indiferencia que amosan os países desenvolvidos ante esta situación.

 

 

 

No mundo actual, a maioría dos países de África atópanse na maior das miserias, baixo o poder dos países máis poderosos. A súa poboación é usada como man de obra barata, sen un soldo digno e sen unha comida decente.Vemos a miúdo na televisión rapaces, adultos, anciáns e bebés que chegan en pateiras ás illas Canarias e ás costas españolas, nunhas condicións de hixiene e saúde deplorables. Moitos deles morren durante a travesía a causa da fame, insolación ou de enfermidades.
Tamén a través da televisión observamos como axudan ás Organizacións Non Gubernamentais (ONG), é dicir, aquelas que son independentes de calquera goberno do mundo,coma Cáritas, Mans Unidas, Médicos sen fronteiras,… . Pero algúns grupos de persoas simulando ser unha ONG, recadan donacións que utilizan en beneficio propio.
O principal problema destes países africanos é a falta de auga, pois este continente é na súa maior parte, un gran deserto de area. Os habitantes de aldeas de Namibia, Mauritania, Senegal, etc., teñen que andar quilómetros para atopar un pozo e coller auga probablemente contaminada.
Tamén se producen guerras por causa dos productos que alí teñen: diamantes, ouro, caucho, e sobre todo o petróleo, materia prima imprescindible para a maioría dos vehículos, coma a gasolina, ou o gasoil, etc.
Conclusión : Debemos, como seres humanos que somos, colaborar con asociacións humanitarias para poder socorrer a estas nacións tan necesitadas, porque tamén son persoas que comen, beben, pensan e senten.

Daniel Fernández Romero,1º ESO B

No mundo actual, a maioría dos países de África atópanse na maior das miserias, baixo o poder dos países máis poderosos



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.