Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Intercambio co IES “Santiago Basanta” – Vilalba

Despois das presentacións que nos fomos facendo a través das cartas que se poden ler nesta revista, chegou por fin o día en que nos coñecemos en persoa. A experiencia foi xenial.

10,45- Recepción no IES

Ás once menos cuarto dous compañeiros nosos recibiron nos autobuses aos alumnos do IES Santiago Basanta  de Vilalba. Mentres ían entrando no noso Salón de Actos, unhas alumnas do noso instituto tocaban a “Rianxeira” co violín e o clarinete. Unha vez acomodados na sala, Patricia, de 3º ESO D, deulles a benvida e explicoulles a finalidade do intercambio. Logo, unha servidora recitou un poema en honor á terra de Vilalba. Despois, a nosa compañeira Tamara, de 3º ESO C, faloulles do noso centro de ensino e contoulles que Manuel Antonio firmou nalgunha revista e nalgunhas obras co pseudónimo de Félix Muriel.

 

De novo, Patricia e Iago de 1º BAC C tocaron unha peza de música co violín e co piano, respectivamente.

De novo, volvín a intervir eu explicándolle algúns datos do noso concello e o itinerario que lle tiñamos preparado. Tamén dei paso a Lucía, de 1ºBAC C, e a Clara, de, que lles cantaron o poema de Castelao “Lela”. Tivemos o privilexio de que nos acompañase Don Xesús Costa, que deu unhas palabras de benvida. Por último, Lorena, de 1º BAC B, concluíu a presentación rogando que saísen do Salón en silencio, e que pasarían polo corredor de 3º ESO para ver o local de normalización e máis no que se fan as reunións do Club de Lectura. Tamén lles explicou que se repartirían uns bocadillos e unha auga.

 

11,45- Saída a pé cara á vila polo paseo marítimo

Mentres iamos comendo o bocadillo falabamos cos compañeiros de Vilalba. Baixamos pola rúa “Irmáns Insua”, na cal Don Xesús nos explicou a historia destes dous galeguistas rianxeiros. Logo fomos polo paseo ata a Ribeira onde formamos os seis grupos.

12- Visita guiada pola vila: casas de Castelao, Dieste e monumentos de interese.

 

Entre as doce e a unha levamos acabo varias visitas. Primeiro fomos á Capela da Virxe Guadalupe onde nos explicaron algunhas curiosidades dela. Contáronnos unha historia do Coxo, tal e como lle chaman á súa casa na que actualmente está o Museo. Como só podían entrar de trinta en trinta neste, deixámoslle aos de Vilalba que entrasen eles. Despois de atravesar o campo dirixímonos pola Calle de Abaixo onde Don Xesús nos falou de Manuel Antonio en fronte da casa onde viviu. Máis adiante, en fronte da casa de Castelao volveu a falar algo sobre este ilustre escritor. Na Praza da Igrexa explicáronnos sobre a patroa do noso concello, a Virxe do Carme e leuse o texto de “Peito de Lobo”, de Castelao; tamén se nos falou de Paio Gómez Chariño e do seu pazo alí na praza, onde estaba a biblioteca. Leuse un poema del. Logo fomos ata a Praciña onde nos contaron como se facían as casas de antes, de carácter mariñeiro. Despois na Ribeira contáronnos o significado da escultura da Manuela, unha traiñeira rianxeira que gañou moitas competicións. Alí leuse a “Balada do pailebote branco”.

13- Visita á Aula activa do mar e ó Museo do mar.

 

13,30- Saída a pé cara a Tanxil  para xantar.

 

 

14,45-Saída cara a Ribeira, pasando polas parroquias de Asados (Praza de Manuel Antonio) e do Araño (hórreo).

 

Fomos a Asados onde estivemos na Praza de Manuel Antonio e onde nos contaron algún detalle máis del. Logo fomos ao Araño onde vimos o hórreo máis grande toda Galicia e onde nos revelaron máis datos interesantes del. O seguinte destino é o parque dunar de Corrubedo en Ribeira.

16,30-18- Visita ó parque dunar de Corrubedo

 

Chegamos ao museo sobre as cinco da tarde, e unha vez máis tivémonos que separar dos de Vilalba na visita ao museo porque só collía un grupo moi reducido. O resto fomos ata a praia, con moito coidado de saírnos do camiño e non pisar especies autóctonas que están protexidas. Mentres tanto, tamén practicabamos para ler ben todos xuntos un poema de despedida “Adeus”.

18,30- Visita ao Mirador da Pedra da Ra.

 

Ás seis e cuarto achegámonos a este lugar, onde disfrutamos dunhas marabillosas vistas do Atlántico. Celebrouse o sorteo dunhas camisetas do Equipo de Normalización.

 

19.15 Despedida. 

Despedímonos dos nosos compañeiros de Vilalba. Estabamos un pouco tristes porque o pasaramos ben.Por iso temos moitas ganas de que chegue o de maio para reencontrármonos con eles e disfrutar do seu concello e da cultura característica de alí.

Vémonos en Vilalba!

 

A continuación, á unha e media, dirixímonos cara Tanxil. Na Punta de Fincheira, onde se vía a praia de Tronco, leuse un anaco de “Cousas”, de Castelao. Unha vez na praia de Tanxil, xantamos todos xuntos, mesturándonos cos nosos novos amigos de Vilalba. Despois, collemos os autobuses para marcharmos cara Asados. Antes de arrincar leuse un anaco da historia “De como veu a Rianxo unha balea” de Rafael Dieste.

9 de marzo de 2009: coñecémonos en persoa



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.