Imaxe de cabeceira
O IES rebole / Rianxiño viaxa
Imos ir a Lisboa

Escollemos varios lugares que nos gustaría visitar en Lisboa. Estes son: O Castelo de Sao Jorge, o elevador de Santa Justa, a Torre de Belén, a Praça do Comercio, o Rossio, o Mosteiro dos Jerónimos e Alfama na que encontraremos as mellores vistas da cidade grazas aos seus miradores. Esperamos que non nos defrauden.

 

Mosteiro dos Jerónimos: Monumento dedicado á riqueza dos descubrimentos, datado do século XVI.

Esta é unha vista panorámica da Alfama, que é o barrio máis antigo e un dos máis típicos de Lisboa.

Castelo de Sao Jorge: É o monumento máis antigo de Lisboa e goza dunhas magníficas vistas de toda a cidade

 

Rossio: É unha das prazas máis bonitas de Lisboa, con fontes e unha estatua a Pedro IV no centro.

Tamén imos parar en Peniche, onde temos pensado visitar o castelo, pero isto vánvolo contar outras compañeiras noutro artigo.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.