Imaxe de cabeceira
Sabías que... / Retratos
Entrevista a Marta Figueira Rial

Este ano, como todos os anos, fanse un cuestionario os antigos alumnos e alumnas.

MARTA FIGUEIRA RIAL, non foi unha alumna corriente, estivo traballando no ENDL, foi a directora da revista ANACOS, e participou no premio LEIXAPREN.

LEMBRANZAS

Como foi o teu paso polo IES?
Moi curto

Cantos anos estiveches estudando?
Catro anos, os correspondentes á ESO

Estudabas moito? Eras unha boa estudante?
Eu creo que estudaba moito. Ja Ja Ja…Unha estudante das normais.

Que seguimento facían dos teus estudos a túa familia (tua nai teu pai)?
Falaban cos profesores cando correspodía, miraban as notas, falábanme… un seguimento normal

Como vivías os días de exame e os días previos ás avaliacións?
Moi nervosa e aínda hoxe ségueme pasando.

Falemos das túas amistades. Que recordos gardas delas? Aínda as conservas?
Das amistades gardo bos e malos recordos.Algunhas aínda as conservo pero con outras, a distancia fai difícil seguir manténdoas…case tod@s son coñecid@s.

Cres que o feito de ter estado estudado no IES, ten algunha relevancia na persoa que es hoxe en día?  Explica por que?
Sí, porque a persoa que es faise coas experiencias, coas amistades… si estivera noutro instituto seguro que sería outra persoa.

Fálamos en xeral do profesorado daqueles anos.Que recordas deles?
Os profesores?…había de todo un pouco, estaban os serios, os chulapas, os guapos, os enrollados, pero todos eles cando ven que tes un problema e se dan de conta, todos che axudan, digoo por experiencia. No fondo non eran tan malos.

Se daquela pudieses modificar algo do centro,o plan de estudos, as materias, o profesorado…que cambios farías de boa gana? Por que?
Si aínda estivese no instituto seguro que faría un montón de cambios, pero agora que xa pasou todo non cambiaría nada porque o centro está ben e os plans de estudos estan case iguais en tódolos centros educativos.

Que fas neste momento Falemos dos teus proxectos. Que tal é a vida fóra do instituto?
Nestes momentos estou facendo un ciclo medio de ATENCIÓN SOCIOSANITARIA en Santiago de Compostela e xa teño feito outro de comercio. Os meus proxectos agora mesmo son terminar o ciclo e nada máis por que nunca se pode pensar nun futuro lonxano. A vida fóra do instituto é boa, a min pouco me cambiou.

Agora un breve cuestionario para resolver tamén cunha breve resposta

Unha materia marabillosa: 3º e 4º Educación Física
Unha materia horrorosa: 3º Bioloxía e Xeoloxía
Un profesor ou profesora: Tina Formoso
Un curso que recordes con afecto: 3º ESO sen dúbida
Un curso que quixeras esquecer: Ningún
Unha amiga ou amigo daqueles tempos: Prefiro non decir nomes.
Un pesadelo: ter que ir a setembro con bioloxía de 3º ESO
Unha lembranza: o intercambio con Celanova, aínda conservo unha amizade de alá.
Unha festa no instituto: Antroido de 3º ESO
Unha canción: ningunha en concreto
Unha falcatruada: faltar a Clase
Unha inxustiza: restarme puntos nos exames
Un soño: Estar lonxe de aquí e poder cambiar algunha cousa do pasado

Grazas pola túa colaboración e boa sorte Marta.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.