Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
CONVOCATORIA DE REUNIÓN

AO COIDADO dos responsables e membros dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do centros de Ensino Infantil, Primario e Secundario.
 
Ola a todos/as.
 
Somos un grupo de persoas que está a traballar en ENDL de diferentes centros de Ensino da zona de Santiago que nos xuntamos para falarmos de como podemos afrontar a nova situación canto á normalización da nosa lingua. Dado que as cousas van mudar, e parece que non para ben, consideramos que é necesario transmitirlle á sociedade e ao novo goberno o que pensamos ao respecto dos cambios anunciados. Por iso vos convocamos a unha reunión que se celebrará o vindeiro sábado 28 de marzo ás 16.30 da tarde no Instituto Galego de Información  (IGI) (San Marcos, Estrada do Aeroporto, ao pasar o Hotel Apóstol Santiago). O obxectivo da reunión é o seguinte:
 
-Avaliarmos a posibilidade de facermos pública a nosa posición canto ao Decreto 124/2007, que se quere derrogar. Levaremos un texto base para consensuarmos antes de mandalo aos medios. Sería un texto de carácter técnico, como normalizadores que somos, e para nada incompatible con outros posicionamentos que poidan facer outras organizacións sociais e políticas que fagan algo ao respecto.
 
-Pensarmos na posibilidade de crearmos unha Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística para actuar colectivamente a prol da nosa lingua tanto a nivel particular, nos nosos centros, como en xeral, na sociedade.
 
Por favor, comunicádelle esta convocatoria a todos cantos membros dos ENDL coñezades, e que polos motivos que foren non leron esta información.
Agardamos contar coa vosa asistencia para entre todos poder traballar para conseguir obxectivos normalizadores.
Por favor, confirmade asistencia.
 
Saúdos a todos/as.
 
P.S. Incluímos un mapa para chegar ao IGI.


——————————

————————-
 
 
Román Landín Cerqueiro (CEIP Aurelio-Cuntis)
 
Valentina Formoso Gosende (IES Félix Muriel- Rianxo)
 
Xesús Mosquera (CRA de Santa Comba)
 
Luís Aldegunde (CEIP de Rois)
 
Sara Paz (CEIP da Baña)
 
Pila Buela (IES de Valga)
 
Gracia Sanctorum (IES Pintor Colmeiro-Silleda)
 
Sechu Sende (IES Marco do Camballón-Vila de Cruces)
 
Daniel Asorei (CEIP de Touro)
 
Xoán Constenla (CEIP de Portas)
 
Ana Rial (IES de Caldas)

Miguel Louzao Outeiro (IES Coroso-Ribeira)




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.