Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando / Globalingualizando
Co galego tamén nos podemos entender en… Goa

Hai falantes de portugués en Goa, polo tanto entenderannos bastante ben ós galegos.

 

Goa é o estado da India máis pequeno. A  súa capital é Panaji.

Limita ao norte co estado de Maharashtra, ao este e sur co de Karnataka e co mar Arábigo ao oeste.

O estado está dividido en dous distritos: Goa do Norte e Goa do Sur

As igrexas e conventos de Goa foron declarados como Patrimonio da Humanidade  pola UNESCO no ano 1986.

 

En 1498, Vasco da Gama converteuse no primeiro europeo en pisar a India. Chegou a Kozhikode en Kerala e seguiu o seu camiño ata Goa.Os portugueses chegaron coa  intención de establecer unha colonia e tomar o control total do comercio de especias. Posteriormente, en 1510, o almirante portugués Alfonso de Alburquerque derrotou aos reis gobernantes na zona e estableceu unha colonia permanente na Vella Goa.

Coa chegada de outros europeos a partir do século XVI, gran parte das posesións portuguesas na India pasaron a mans dos británicos ou dos holandeses.

Tras a chegada da independencia da India en 1947, os portugueses rexeitaron acceder á  petición india de recuperar o control de Goa. O 12 de decembro de 1961, as tropas indias entraron na colonia e tomaron Goa pola forza.

A poboación acolle cos brazos abertos aos visitantes.

 

Goa está situada  nunha zona tropical.Ten un clima temperado e húmido a maior parte do ano. O mes de maio é o máis cálido con temperaturas que alcanzan os 35º C e que van acompañadas dun alto grao de humidade.

As choivas monzónicas chegan a Goa a principios de xuño e soen durar ata finais do mes de setembro. A estación máis “fría” comeza en decembro e remata a mediados de febreiro. Nesta época as temperaturas diúrnas non soen superar os 29º C e as mínimas soen ser de 20º C.

 

 

Moeda: Rupia (1 euro = 57 rupias).

Idiomas (principais): Hindi, Urdu, Bengali, Kanada, Concani (Goa) e inglés.

GASTRONOMIA

“Cabidel”, “fejuade”, “calde” verde, “recheiados”, sarapatel, vindalho ou vindaloo, balchão, caril e chacuti e asado de bisté, son algunhas das receitas que poderá degustar. Goa é unha das poucas rexións da India onde é posible comer carne de vaca e excelentes camaróns, lagostinos, lagosta e peixes á grella (atún, douradas, chaputas, pargos, etc…).

Se che gusta a tranquilidade é mellor a zona de Anjuna Beach, se prefires estar con moita xente e moito turismo e preferible uns kms mais ó sur en Baga ou Calangute que é mais de turismo de masas. 

Pola contra se che gusta a supertranquilidade uns kms cara onde está Ashram Beach ou Arambol Beach na que podes gozar dunha natureza pura.

Se, prefires ver antigüidades, é mellor ir a Velha Goa, a antiga capital da que quedan dúas igrexas e algunha ruína da época portuguesa pero case todo o turismo se concentra nas praias e as festas

Goa é un bo sitio se buscas sol, praia e festas tipo Ibiza ou simplemente tranquilidade en plan mochileiro con prezos superbaratos.

 

A maneira de transportarse é en ciclomotor ou autobús, pero a maneira de conducir é mortal, os autobuses sempre están cheos e un home non se pode xuntar xunto a unha muller.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.