Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Quen é Kiko da Silva?

Kiko Da Silva (Vigo, 1979) é licenciado en Belas Artes pola especialidade de pintura. Dedícase á realización de bandas deseñadas, á ilustración de libros infantís e desde 2007 a dirixir a revista de humor A retranca.

Como autor de banda deseñada é coñecido polos seus traballos nas revistas de historietas Golfiño, Mister K, BD Banda, e El Jueves. Na primeira acadou popularidade coa serie de humor escatolóxico “Fiz nos Biosbardos”. Na segunda realizou 76 páxinas da serie “Clases con Guasa”. Como promotor da revista BD Banda e director da colección de álbumes homónima (na editorial Faktoría K), é unha das figuras principais do panorama da edición galega de BD. Colabora na revista El Jueves na que ademais de chistes, realiza “La Guinda Final”, con parodias de cómics coñecidos.

Fóra do ámbito puramente creativo, é moi importante o seu papel como dinamizador do sector da banda deseñada na comunidade galega.

Desenvolve a súa faceta de humorista gráfico na edición pontevedresa de “La Voz de Galicia” onde tamén fai ilustracións de xeito ocasional

Tamén realiza traballos de ilustración, sobre todo vinculado ó sector infantil. Destaca que en ocasións en vez de debuxar as ilustracións ó modo tradicional, experimenta con diferentes medios, por exemplo realiza versións tridimensionais da imaxe que deseñou cunha mestura de madeira, arxila e pintura, que logo el mesmo se encarga de fotografar. No sector de literatura infantil, ilustrou varios libros para a editorial Kalandraka, por exemplo Moncho e a mancha (2002, tamén escrito por el mesmo)

Desde os 17 anos leva recibindo premios polos seus traballos.

Podemos coñecer máis del no seu blog: http://kikodasilva.blogspot.com




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.