Aínda que chega un pouco tarde esta noticia, sempre está ben recordar os éxitos da nosa banda. Parabens!
O 21 de novembro de 2008, a Banda da Escola de Música de Rianxo conseguiu o máximo galardón outorgado no II Certame Galego de Bandas de Música populares na 3ª sección. O esforzo, traballo e ilusión foi o que fixo que a banda, que levaba un mes menos a ensaiar có resto, puidese gañar este certame. Por debaixo desta banda quedaron a de Arca de 2º e a de Cabral de 3º. A banda da escola de música, levou como pasodobre de presentación “Bellas artes”, de obra obrigada “Danza galega nº1” e como obra libre “Goddess of Fire”.
Este 1º premio foi un gran reto para esta banda xa que en Galiza hai poucas bandas que con tan só 5 anos xa conseguisen dous premios a nivel autonómico. O ano pasado a Banda da Escola de Música de Rianxo tamén conseguiu no I Certame Galego de Bandas de Música un 3º posto.
Esta banda celebrou o 29 de novembro pasado a súa vitoria cun concerto no auditorio de Rianxo. Agora a banda ten grandes expectativas como a de novos concertos e facer máis e novos intercambios o próximo verán.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]