Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando / Globalingualizando
O Algarve

Non sabedes que facer neste Entroido, e non vos gustan os disfraces… pois podedes viaxar ó Algarve

 SITUACIÓN XEOGRÁFICA
O Algarve é a rexión máis meridional de Portugal. Limita ao norte coa rexión do Alentexo, ao sur e oeste co Océano Atlántico e ao leste o río Guadiana marca a fronteira con España. Ademais, cunha extensión aproximada de 5,000 kilómetros cadrados, o Algarve conta cunha población residente distribuída por 16 grandes cidades, cun total de case 400,000 habitantes. Situada no extremo occidental de Europa, ao sur de Portugal, ten unha densidade poboacional media de 80 habitantes por kilómetro cadrado, e un litoral bañado polo Océano Atlántico de cerca de 150 kilómetros.


ETIMOLOXÍA
O termo "Algarve" provén de "al-Gharb al-Ândalus", nome dado ao actual Algarve e baixo Alentexo durante o dominio musulmán. O seu significado é "Andaluz Occidental", pois era a parte occidental da Andalucía musulmana.
TURISMO
O Algarve dispón de belísimas praias e paisaxes naturais, sendo a máis turística das provincias de Portugal. Neste aspecto destaca Vilamoura, un dos complexos turísticos máis coñecidos de Europa, xunto á praia da Falésia (concello de Loulé), Albufeira (considerada a capital do turismo) e a praia da Rocha no concello de Portimão.
É un destino ideal de vacacións para os fanáticos do golf, dado que ofrece unha ampla selección de campos de golf. O Algarve dispón de moitos complexos turísticos adecuados para persoas novas e maiores, e os seus restaurantes ofrecen a tentadora cociña portuguesa.
O Algarve caracterízase por ter sol todo o ano, máis de 3000 horas. Sempre ten algo que ofrecer para todos os gustos: praias famosas, campos de golf, instalacións deportivas, ademais dos deportes náuticos. Ofrece ruínas de cidades romanas, serras e igrexas revestidas de bonitos azulexos. Esta zona atrae máis turismo foráneo que o resto de Portugal, e a pesar diso non perdeu os atractivos paisaxísticos que o fixeron posible. Destacan entre as súas terras a rexión de Lagos ata Sagres.
MONUMENTOS
No Algarve hai numerosos lugares que visitar, como por exemplo: a Igrexa de Nossa Senhora dos Mártires, situada xunto ao castelo de Castro Marim; o Forte de São Sebastião, tamén en Castro Marim; a ponte romana de Paderne, situada sobre a ribeira de Quarteira, en Albufeira; as ruinas romanas de Cerro da Vila, en Vilamoura (Loulé); a Fortaleza de Sagres en Vila do Bispo etc.

ANÍMOVOS A VISITAR O ALGARVE!

 

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.