Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Kiko da Silva no noso IES

Os Equipos de normalización e dinamización lingüística de tres centros de ensino do concello de Rianxo preparámoslle unha “xira” a Kiko da Silva o pasado martes 17 de febreiro. Comezou no noso IES, logo foi a Taragoña ó CEIP “Brea Segade”, veu ó Castelao e aínda volveu á tarde a Taragoña. Grazas Kiko polo esforzo!

  Martes 17 de febreiro, 9:20 da mañá: Kiko da Silva consegue captar a atención de todo o alumnado de 3º ESO do IES Félix Muriel… mesmo sen micro! Comezou cun breve percorrido sobre a banda deseñada galega e en galego: historia, problemas, características. Presentounos a Retranca e o recente problema da súa publicidade nos autobuses de Vigo (se mirades o blog, hai un par de noticias ó respecto, xa non o repetimos!)

 

 Pouco a pouco foinos introducindo no mundo do cómic, nos clichés básicos para facer os deseños de tódolos personaxes dunha banda deseñada sen ter que esforzarse demasiado. Puxo os exemplos de Mortadelo e Filemón, dos Simpson e de Sin-chan.

E logo púxonos a traballar a nós! A facer catro caras con expresións diferentes…

 Fixemos o que puidemos, logo el deunos as claves para mellorar os nosos deseños!

 

Na pizarra deixounos a mostra de como -moi facilmente- podemos ver a “Catro pelos” comendo, con medo, con moita dor ou saído…

  Moi interesante! Encantounos!

Grazas Kiko!

 

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.