Imaxe de cabeceira
O IES rebole / Rianxiño viaxa
Concerto no auditorio de Galicia

O alumnado de 3º e 4º da ESO do I.E.S. Félix Muriel fomos de excursión o pasado mércores 21 de xaneiro ó auditorio de Galicia (Santiago de Compostela) para asistir a un concerto da Real Filarmonía de Galicia.

Chegamos xustiños de tempo pois o concerto xa comezara. Sentámonos nos asentos e comezamos a disfrutar da música.

No concerto interpretaron a Sinfonía nº 82 en Do maior de J. Haydn (1732-1809). Rodrigo Romaní explicounos en que consistía a obra e a súa narración era ilustrada coa música da orquestra dirixida por Maximino Zumalave. Ó final puidemos escoitar a obra enteira coa actuación dunha parella de bailaríns da compañía de danza Jesús Quiroga.

O concerto abriunos o apetito entón fomos almorzar a unha cafetería para repoñer forzas e voltar para casa e aprobeitamos que tiñamos tempo libre antes de coller o autobús para coñecer os arredores.

 

A nós pareceunos un pouco aburrido dado que case todo eran explicacións do narrador sobre a obra e a orquestra só tocaba durante uns anacos, ademais a coreografía interpretada pola parella de bailaríns era moi repetitiva.

 

Gustaríamos poder escoitar unha auténtica obra musical onde a orquestra teña un papel importante e que a interpretación sexa compresible e fácil de seguir.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.