O 27 de outubro de 2006 a Unión Astronómica Internacional (UAI) anunciou a declaración, por parte da UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura), de 2009 como Ano Internacional da Astronomía (AIA-IYA2009).
"O AIA-IYA2009 representará unha celebración global da Astronomía e da súa contribución á sociedade, á cultura, e ao desenvolvemento da humanidade", sinalan os responsables desta iniciativa en España. Afirman que o seu obxectivo principal é motivar aos cidadáns de todo o mundo a reformularse o seu lugar no Universo "a través de todo un camiño de descubrementos que se iniciou fai xa 400 anos", cando Galileo Galilei apuntou por primeira vez ao ceo cun telescopio.
O primeiro uso astronómico do telescopio por Galileo, no ano 1609, disparou unha revolución científica que cambiou a forma de ver o mundo. Actualmente, telescopios dende a Terra e dende o espazo exploran o Universo as 24 horas do día, en todas as lonxitudes de onda da luz.
Dende a ONU lembran que a Astronomía "é unha das ciencias básicas máis antigas e que contribuiu e segue contribuíndo de modo fundamental á evolución doutras ciencias e aplicacións nun amplo rango de campos".
Ana Ulla Miguel, profesora da Universidade de Vigo, coordina o proxecto ‘Unha Universidade, un Universo’ coa premisa de que a astronomía non é só para profesionais, e dentro do ciclo: “A astronomía que ven” terá lugar unha conferencia a cargo de Eduardo Battaner, catedrático de Astronomía e Astrofísica da Universidade de Granada, co título: “O universo magnético”, terá lugar no Paraninfo da Universidade o vindeiro xoves 4 de febreiro ás 19 h.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]