Un meigallo?
Carlos Sainz viuse novamente obrigado a abandonar un rallye. Desta vez foi o DAKAR sudamericano, tras un desafortunado accidente provocado pola mala indicación da organización do certame, que non lles avisou da situación dun río seco nas normas que lles dan a todos os participantes. El non foi o único que tropezou co antedito río. Os seus perseguidores tamén estiveron a punto de caer, pero grazas á deportividade de Carlos, que os avisou , non houbo máis incidentes graves. A raíz deste abandono España quedou case sen representación neste rallye na categoría de coches, xa que só participaban dous pilotos españois, Sainz e mais Isidre.
Esta non é a única vez que Carlos se ve obrigado a abandonar un rallye. Hai uns anos, por poñer un exemplo, a tan só uns metros da meta paróuselle o coche que pilotaba por una avaría mecánica (desta historia sae a frase: “Trata de arrancarlo Carlos. Por Dios”). Como consecuencia esta vez tamén se perderon perder todas posibilidades de gañar o rallye. Uns din que é mala sorte; outros, infortunio. Pero a maioría pensa que lle botaron un meigallo!
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]