As mariscadoras do noso concello teñen problemas!
Representantes da Confraría de Rianxo visitan o director xeral de Recursos Mariños para tratar temas referidos a falta de acordo sobre os paros biolóxicos que van ter que asumir así como a prohibición da gancha a pé ou do sistema de extracción e explotación denominado "Monte maior". Este sistema, que consiste en repartiren os beneficios entre todas as mariscadoras, non é o que se segue no resto das confrarías, onde cadaquén gaña segundo o marisco que extrae. Feito este que parte das mariscadoras consideran lóxico, o que leva a que non apoien as reivindacións da maioría, que argumentan que o sistema de Monte maior evita o furtivismo, xa que se lles paga ás compañeiras que van vixiar as praias, igual cás que van mariscar.
Un grupo de maricadoras pertencentes á confraría protestaron por non ser informadas do acordado na reunión cos responsables de Pesca e por atopar un cartel nas portas da confraría informando de que non se reanudaría a actividade ata novo aviso por parte da Consellería. Cren que é unha decisión tomada unilateralmente pola directiva da agrupación sen contar coa súa opinión e consideran que se as persoas que ocupan eses postos directivos non saben actuar axeitadamente deberían dimitir e deixar paso a outras persoas interesadas e preparadas.
Pódese atopar máis información relacionada no enlace:http://www.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]