Imaxe de cabeceira
PROXECTOS DO EQUIPO / Proxectos feitos / No meu mar, na miña lingua
Presentamos No meu mar, na miña lingua II

Hoxe, 24 de xaneiro de 2009, vimos de presentar a segunda parte do noso proxecto No meu mar, na miña lingua, que -igual có ano pasado- conseguiu un dos premios de innovación en normalización lingüística.

A xornada desenvolveuse no IES As Fontiñas de Santiago onde, nunha primeira parte, os premiados expuxemos en 10 minutos en que consistían os nosos proxectos. Alí estivemos en compañía do IES Rodeira de Cangas, CEIP Figueiroa da Estrada, EOI de Ferrol, IES As Bizocas do Grove, IES O Perdouro de Burela, CEIP Aguiño de Ribeira e o IES A Sangriña da Guarda. Logo Jorge Fente instruíunos sobre a dinámica de grupos.

Aproveitamos para  recordarvos que os materiais xa realizados do proxecto están no número 0 da revista (http://www.bicodaria.com/numero0), correspondente ó curso 2007-2008, onde poderedes ver un artigo sobre como se desenvolveu o proxecto. Dentro da sección "materiais" podedes acceder ás láminas e ós vocabularios en formato .pdf. (http://www.bicodaria.com/numero0/spip.php?rubrique43).

Tedes tamén un acceso dentro deste número, na sección No meu mar…

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.