SAÚDOS!!!!!!!
Chámome Esther, unha rianxeira moi guapa de 18 anos, jeje. Vou en 1º de Bacharelato, por mixtas, aínda que debería de ir en 2º, ejem…, iso si, aínda que pareza contraditorio gústame moito estudar.
Son do EDNL desde hai tres anos, escribindo artigos e facendo entrevistas en galego, algo que me encanta. Gústame ser unha muller ocupada, pois ademais de estar neste Equipo tan bo, formo parte do Consello Escolar, son delegada da miña clase, participo na organización do campionato de baloncesto, participo no Club de Lectura… Encántame ler, sobre todo libros de testemuños de mulleres que sufriron por algunha circunstancia na vida; gústame escoitar HIP-HOP (o meu grupo favorito son Violadores del Verso) e tamén ver películas de medo. Son fan de Marilyn Monroe e a miña cor favorita é a rosa. Ademais de ir de compras e de quedar coas amigas, a miña afección favorita é pasear o meu can, Albi, unha boxer albina de ollos azuis á que quero moito.
Non me gusta moito saír de marcha (agás nas festas, ceas de fin de curso…), nin o inglés (pois foi a única que me quedou esta avaliación) nin tampouco os días de choiva (póñome pingando ao ir ao instituto).
Considérome unha rapaza polifacética, bastante divertida e sociable, encantarame coñecervos o día do intercambio.
Ata entón podédesvos pasar e firmar no meu fotolog: www.fotolog.com/estheriinha.
Biquiños a tod@s!!!!!!!!!!
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]