Imaxe de cabeceira
Sabías que...
Alimentos que fan de medicamentos

Actimel, Benecol, Proactiv, Vivesoy… Cada un deles contén unha ou varias substancias engadidas con algún tipo de efecto saudable sobre o organismo. Que hai de certo nisto? Pois depende do produto, pero en xeral as súas alegacións son, simplemente, esaxeradas. Compróbeo vostede mesmo.

“Axuda a regular o nivel de colesterol”, “facilita o tránsito intestinal”, “fortalece os ósos”… Estas atractivas mensaxes son moeda corrente nos estantes dos supermercados. Corresponden aos alimentos funcionais; produtos que se caracterizan por contar con algunha substancia engadida que pode ter efectos saudables sobre o organismo, como os minerais, as vitaminas, os antioxidantes, os aminoácidos, os ácidos graxos, a fibra, etc. Véndense nos mercados, pero hai quen defende que o seu sitio é a farmacia.  A diferenza principal cos medicamentos é que non teñen, en teoría, efectos secundarios e que non levan prospecto. Pero si necesitan acompañarse dun manual de uso que indique a cantidade que se debe consumir para que resulte real o efecto saudable ao que aluden.

Nin sequera expertos en nutrición e científicos se poñen de acordo cos termos utilizados para denominar estes alimentos, e tampouco se conta cunh definición aceptada sen matices. Admítese baixo o paraugas de "alimento funcional" aos alimentos que conteñen certos compoñentes engadidos (chamados nutracéuticos) -ácido fólico, omega 3, isoflavonas, calcio, fibra…- cuxa inxesta, nunha cantidade determinada, reporta un beneficio para o organismo que vai máis alá do tradicional valor nutritivo propio do alimento.

 

Estes produtos acostuman comercializarse acompañados de mensaxes que incitan á súa compra, tales como "con (…)", "(…) añadido", "enriquecido con (…)". As máis das veces o consumidor non repara no feito de se necesita consumir ese alimento porque nin sequera coñece as súas cualidades nutritivas. Pero a súa preocupación por unha alimentación e unha vida sa, e a boa percepción que ten das mensaxes que acompañan aos productos, así como a publicidade abrumadora que recibe a diario, púxao a compralos e a consumilos.

 

O fabricante debería anunciar o compoñente que engade a un alimento, as súas formas químicas asimilables polo organismo e a cantidade suficiente para que o consumo dunha ración normal teña o efecto esperado. Pola súa parte, o consumidor debería saber cal é o compoñente engadido, que efecto ten sobre o seu organismo, e que cantidade de alimento debe tomar para que lle produza o efecto nutricional ou fisiolóxico declarado.

 

O caso é que de momento a lexislación española non esixe aos fabricantes que demostren cientificamente estes supostos efectos beneficiosos sobre a saúde. Así, haberá que esperar aínda ao desenvolvemento dunha proposta europea de Regulamento sobre os Alimentos Enriquecidos (aprobada en maio) que, xunto co Regulamento de Alegacións, definirá o marco regulatorio dos alimentos funcionais.

Mentres tanto a OCU analiza periódicamente por vostede a composición dalgúns destes produtos alimenticios funcionais: lácteos con fibra, zumes de froia con leite, ovos con ácidos graxos de peixe… E xa lle podemos adiantar que atopamos que en bastantes casos o  aporte de compostos funcionais é mínimo, ou ben os seus efectos son, simplemente, esaxerados.

De todo o anterior  despréndese que a única maneira de garantir que o aporte de nutrintes sexa o adecuado para o noso organismo é manter unha dieta variada e equilibrada na que teñan cabida todo tipo de alimentos. Deste xeito  terá a certeza de estar consumindo minerais, antioxidantes, fibra ou vitaminas, de forma natural e en cantidades considerablemente máis notabeis.

 

TÁBOA COMPARATIVA

Calcio

Efecto perseguido

Como debe ser aporte extra para que sexa efectivo

Reforzar a mineralización de ósos e dentes.

O noso organismo é máis eficiente absorbendo calcio orgánico (quelato de calcio, acetato de calcio) que calcio inorgánico (fosfato cálcico, carbonato de calcio). Estes últimos permiten unha maior concentración de calcio no produto final, pero a súa absorción é peor. Dentro dos orgánicos tamén se observan diferencias de asimilación (60% para o quelato de calcio frente ao 32% do acetato de calcio).

Alimentos aos que se engade

Leite, zumes, galletas…

Ferro

Efecto perseguido

A forma química do ferro inflúe sobre a súa biodisponibilidade. Na natureza aparece en dúas formas: ferro non hemo (propio dos vexetais) e hemo (carnes, peixes e, en menor medida, lácteos), sendo esta última a forma con mellor biodisponibilidade. Nutrientes como os ácidos (láctico, cítrico, ascórbico), azúcres e certos aminoácidos (compoñentes das proteínas) favorecen a solubilidade e a absorción do ferro non hemo. O calcio, polo contrario, limita a absorción deste mineral. Así, sería interesante coñecer que efecto teñen para o organismo os cereais de almorzo ou as galletas enriquecidas en ferro se estes alimentos se toman conxuntamente con leite (rico en calcio).

Reforzar o aporte en situacións vitais de maior requerimiento: infancia, adolescencia, embarazo

Alimentos aos que se engade

Cereais do almorzo, galletas, bebidas…

Omega 3

Efecto perseguido

Dentro os ácidos grasos omega 3, están o EPA (ácido eicosapentanoico) e o DHA (ácido docosahexanoico), abundantes no peixe azul. Tamén o ácido graso alfa linolénico, que é precursor no organismo dos EPA e DHA, e que unha vez absorbido se transforma en ditos compostos. Estímase que só un 5% do ácido alfa linolénico que se inxire se transforma en EPA e DHA. Polo tanto, o efecto non será o esperado se os alimentos se enriquecen neste composto.Os expertos recomendan unha inxesta de 650 mg de EPA e DHA ao día no adulto san. Dita cantidade  cúbrese se se consumen uns 150 gramos de peixe azul de 2 a 3 veces por semana.

Reducen o risco cardiovascular (aumentan colesterol bo ou HDL-c, reducen o malo ou LDL-c e os triglicéridos en sangue). Reducen os síntomas de enfermidades inflamatorias (artrite, reuma….) e da pel. Interveñen no desenvolvemento nervoso e a visión do bebé durante o embarazo.

Alimentos aos que se engade

Leite, galletas, ovos, margarinas.

Fitosterois (estanois e esterois)

Efecto perseguido

Os fitoesterois son substancias vexetais similares ao colesterol humano. Os avances científicos e tecnolóxicos  conseguiron modificar a estructura natural dos estanois e esterois vexetais para formar o que se chama "ésteres de estanois e esterois vexetais" co mesmo efecto hipocolesterolemiante. Demostrouse que consumir de 1 a 3 gramos ao día de esterois e estanois constitúe un factor protector cardiovascular.

Interfiren na absorción intestinal do colesterol dos alimentos e do endóxeno (o que produce o fígado).

Alimentos aos que se engade

margarina, leite, galletas…

Proteína de soia

Efecto perseguido

En 1999 a FDA (Food and Drug Administration) de EE.UU autorizou o seguinte consello de saúde nas etiquetas dos alimentos que cumprían os requisitos: "25 gramos de proteína de soia ao día, dentro dun plan de alimentación baixo en graxas saturadas e colesterol, poden reducir o risco de enfermidade coronaria".No noso país, nos produtos aos que se engade, a cantidade é moi pequena e emprégase con fins máis tecnolóxicos (mellorar a textura, aumentar o volume, reter a emulsión de graxa e auga…) que nutricionais.

Proteínas con niveis baixos de aminoácidos azufrados, como a de soia, reducen a síntese de colesterol e diminúen a colesterolemia.

Alimentos aos que se engade

Como aditivo en produtos elaborados; derivados cárnicos principalmente (charcutería, patés, salchichas…) e de peixe (surimi).

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.