Imaxe de cabeceira
O IES rebole
Torneo de partidas simultáneas de xadrez no IES “Félix Muriel”.

Este torneo, organizado polo vicedireitor Rafael Saco, tivo lugar o 28 de outubro, co fin de que todos aqueles que tiveran nocións de xadrez puidesen poñerse a proba retando a Manuel Abuín, varias veces campión de Galicia de xadrez, que agora imparte clases no Club de xadrez de Rianxo dous días á semana, coa finalidade de formar un equipo.

 

Nun principio pensada para facer nos corredores do edificio, a competición levouse a cabo no local de alumnos por razóns climáticas, onde o campión xogou unha partida simultánea contra uns catorce alumnos:

Daniel Fernández Romero, 1º D.

Martín Rodríguez Rodríguez, 2º D.

Cristian Sobradelo Iglesias, 3º C.

Goretti Fungueiriño Ordóñez, 3ºC.

Adrián Pérez Mosquera, 3º D.

Gabriel Arcos Vilanova, 4º B.

Héitor González Rodríguez, 4º C.

Frank Quispe Parco, 4º D.

Lois Cristobo Suárez, 1º BAC-A.

Joaquín Iglesias Sobradelo, 1º BAC-C.

Raúl Martínez Baleirón, 1º BAC-C.

Brais López Yáñez, 2º BAC-A.

Con todo, houbo só un que conseguiu gañarlle ó campeón de xadrez, Raúl Martínez Baleirón de 1º BAC-A, a quen lle fixemos unha pequeniña entrevista acerca do seu logro.

 

Dende cando xogas e quen che aprendeu?

Este é un xogo que me gusta moito dende que comecei a xogalo con meu pai haberá dous anos cando estaba no hospital, foi el quen me ensinou os movementos básicos e fun perfeccionando as estratexias ao seguir xogando con el e cos meus amigos.

Estabas nervioso antes do reto?

A verdade é que un pouco si, estaba seguro de que ía ir moita xente no recreo a mirar como se xogaban as partidas simultáneas, ademais o feito de que el fose capaz de ganar a tantos á vez tamén impoñía un pouco.

Pensaches dende un principio que ías gañar?

Pois si, eu tiña esa intención, xa lle dixera aos meus colegas que se ía, ía para gañarlle.

Practicaches na casa algunha xogada?

Non porque non o estimei oportuno.

Que tácticas utilizaches?

Antes de nada elexín xogar coas negras, é algo que me dá boa sorte ou confianza e logo comecei as miñas estratexias. Primeiro intentei defenderme, ata que encontrei o seu fallo e así comezar o meu ataque, levando a partida para min máis fácil. É unha táctica que me adoita dar bos resultados.

Que sentiches ao ganarlle a Manuel Abuín?

Ao principio non o creía, sentíame un pouco abraiado, pero ao mesmo tempo sentíame ben e orgulloso de min mesmo.

Que lle dirías a todos aqueles aos que non lles gusta este xogo ou lles parece complicado?

A estes últimos diríalles que hai que practicalo moito e a poder ser cos amigos cos que te sentes cómodo e relaxado, pouco a pouco conséguese dominar ben e incluso crear estratexias persoais que dean bos resultados. Aos que non lles gusta o xadrez só dicirlles que é unha maneira de pasar o tempo utilizando a cabeza e pasándoo ben.

 

Segundo fontes da dirección do centro agora vai comezar unha liga de xadrez no IES, e dende aquí animámosvos a todos os que xa participastes no outro torneo (entre os cales vai a estar Raúl que xa nos afirmou que ía competir) e a moitos máis a que participades e demostren os seus dotes de xogadores do xadrez.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.