Imaxe de cabeceira
Sabías que...
O problema do lixo en Galicia

Na nosa comunidade dúas das tres plantas de xestión de residuos sólidos urbanos están actualmente saturadas, só os residuos de O Barbanza logran ser tratados. SOGAMA (Sociedade Galega de Medio Ambiente)   a empresa que xestiona  o 80% de todos os residuos urbanos que se producen na nosa comunidade, apila nun  vertedoiro próximo ás súas instalacións máis de dous millóns de toneladas de lixo  xa que non pode tratar todo o que recibe.

A nova estratexia da administración autonómica prevé a creación de máis infraestructuras, pero non estarán operativas ata dentro de dez anos. O fomento da recollida selectiva en orixe coa implicación da cidadanía, a creación dunha rede de infraestructuras de xestión e a compostaxe e a biometanización para o tratamento son os eixos do Plan.

Na actualidade, en Galicia temos  tres modelos de xestión dos residuos sólidos urbanos:

Entidade

Modelo de xestión

Complexo Ambiental

Concellos adheridos

Poboación incorporada

Sociedade Galega de Medio Ambiente

Valorización enerxética e recollida diferenciada de envases

SOGAMA

264

2.218.027

Concello da Coruña e Consorcio das Mariñas

Valorización orgánica e recollida indiferenciada de envases

NOSTIÁN

9

373.959

Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza

Valorización orgánica e recollida indiferenciada de envases

LOUSAME

9

63.391

 

SOGAMA

A empresa pública Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (SOGAMA), creada por Decreto do 11 de abril de 1992, é o instrumento principal para a xestión da fracción do lixo correspondente coa bolsa negra dos concellos de Galicia no Complexo Medioambiental de Cerceda.

Paralelamente SOGAMA participa como entidade xestora do Convenio Marco asinado entre Ecoembes e a Xunta de Galicia, efectuando a recollida da fracción lixeira (bolsa amarela) naqueles concellos que así o decidan, e destinando o material recollido nos contedores amarelos a un proceso de clasificación.

A recepción da bolsa negra e da bolsa amarela realízase inicialmente mediante unha rede de ecoplantas e miniplantas dispostas por todo o territorio galego.

O esquema xeral dos fluxos de residuos até a súa entrada no Complexo Medioambiental de Cerceda é o seguinte:


O Complexo consta dunha serie de instalacións que encadean todas as actividades do proceso global: a Planta de Reciclaxe, a Planta de Elaboración de Combustible Derivado de Residuos (PRTE), a Planta de Coxeración (PCOX) e a Planta Termoeléctrica (PTE).

Na primeira delas trátase exclusivamente a bolsa amarela procedente da recollida selectiva, mentres que as outras plantas son as encargadas de tratar a bolsa negra en masa.

 

CONCELLO DA CORUÑA E CONSORCIO DAS MARIÑAS

O modelo de xestión de residuos urbanos implantado polo concello da Coruña e o Consorcio das Mariñas, do que forman parte oito concellos da área metropolitana da Coruña (Abegondo, Arteixo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Bergondo e Oleiros) caracterízase por contar co tratamento específico da fracción orgánica recollida selectivamente.

O destino do lixo é a planta de tratamento de Nostián, onde se dispón de instalacións para a triaxe e clasificación da fracción inorgánica para o seu posterior ingreso nos circuítos de reciclaxe, e instalacións para o tratamento do compoñente orgánico, a súa transformación en compost e a obtención da enerxía do proceso.

 

MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DO BARBANZA

Actualmente integran este modelo de xestión nove concellos: Ames, Rois, Carnota, Porto do Son, Lousame, Brión, Pontecesures, Muros e Noia.

Este modelo baséase no sistema húmido-seco, onde cobra importancia a recuperación do compoñente orgánico do lixo, paralelamente á recollida da fracción inerte. Dispón de dúas liñas de tratamento, unha para a segregación de materiais contidos na fracción resto e outra para o tratamento da fracción orgánica para a elaboración de compost a través dun sistema de túneles e maduración aerobia.

Complementariamente, realízase recollida independente de residuos en centros sanitarios, mercados e matadoiros, xunto coa xestión de cascallos domiciliarios, animais mortos, mobles e útiles, e a de papel-cartón e vidro (segundo áreas de contribución).

As instalacións de tratamento son: o centro de reciclaxe e recuperación (fundamentalmente para o acopio de cascallos, mobles e útiles e electrodomésticos) e a planta de reciclaxe e compostaxe.

 

O Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia para o período 2007-2017 basearase en tres eixes fundamentais de actuación: a implicación da cidadanía na redución e na recollida selectiva dos residuos en orixe; o fomento de medidas encamiñadas a lograr unha organización territorial en materia de xestión de residuos; e a creación dunha rede de infraestruturas eficiente para o tratamento deses residuos.
O plan, que xa foi presentado no Consello Galego de Medio Ambiente está a ser sometido ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica.
Un dos piares do novo plan será o establecemento dun modelo de xestión e organización que permitan unha maior efectividade e minimizar os custos derivados da loxística de recollida e do transporte
Outro eixe constituirano as infraestruturas. A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible pretende crear unha rede de infraestruturas de tratamento dos residuos baseada en criterios de eficiencia e sustentabilidade. O tratamento dos residuos farase por compostaxe ou biometanización, quedando totalmente descartada a incineración. A planta de SOGAMA será a única que utilice o sistema de incineración.

 

O Concello de Rianxo, que pertence ao modelo de xestión de SOGAMA, levou a cabo unha campaña de información e sensibilización ambiental co lema: “Non chega con tirala, hai que separala” na que nos orientan sobre como usar correctamente os distintos contedores. Como orientación na seguinte  táboa aparece indicado que materiais  SI e cales NON debemos depositar en cada un deles:

 

CONTENEDOR VERDE

                                      SI

                                    NON

                              

VIDRO

Botellas de vidro de calquera color.

Tarros de vidro

Frascos de conservas

Tarros de cosmética e perfumería

CRISTAL

Luas de automóbiles

Bombillas

Espellos

Cristais da ventá

Tubos fluorescentes

(éstos deben depositarse nos Puntos Limpos ou centros de recollida e reciclaxe)

CONTENEDOR AZUL

SI

NON

 

 

Periódicos e revistas

Propaganda

Caixas pequenas de cartón(galletas, deterxente)

Envases de cartón para ovos

Bolsas de papel

 

 

 

 

 

 

Briks

Pañales

Papeis sucios ou papeis encerados, metalizados ou plastificados

Sobres con ventás.

CONTEDOR AMARELO

SI

NON

Envases metálicos:

·        Botes de bebidas(cervexa e refrescos)

·        Latas de conservas (vexetais, cárnicas, de peixe, comida para animais domésticos…)

·        Aerosois(desodorante, laca, limpadores de cociña, abrillantadores de madeira…)

·        Pratos e bandexas de aluminio

·        Chapas e latas de metal

 

·        Materia orgánica

·        Envases de vidro

·        Papel e cartón

·        Xoguetes

·        Electrodomésticos

·        Biberóns

·        Guantes de goma

·        Utensilios de cociña

·        Caixas de froita

·        Cubos de plástico

·        Pilas

 

 

Briks:

·        Briks de leite, nata, batidos, zumos, viño, caldo…

Envases de plástico para alimentación:

·        Botellas(auga, refrescos, leite, zumo, aceite, comestible, vinagre…)

·        Envases de produtos lácteos

·        Bandexas e caixas de “cortiza branca”

Envases de plástico para produtos de aseo e limpeza:

·        Botes de plástico de produtos de aseo(champú, cremas…)

·        Botes de plástico de produtos de limpeza(lixivia, deterxentes liquidos…)

Bolsas e envoltorios de plástico e aluminio:

·        Bolsas de plástico para alimentos (conxelados, froitas…)

·        Bolsas e recipientes de aluminio para alimentos(sopas, purés, pastas…)

·        Envoltorios de plástico(film transparente…)

     

“SE MESTURAS OS ENVASES NON PODERÁN SER RECICLADOS”

Consellos para o fogar:

1.      Reutiliza as bolsas de plástico que che dan no supermercado.

2.      Plega os envases e así ocuparán menos espazo.

3.      Para plegar as botellas de plástico, quítalle o tapón, una vez plegada a botella volvelle  poñer o tapón, e así as botellas manteranse comprimidas e ocuparán menos espazo

4.      Vacia ben os envases, aproveitarás mellor o producto e evitarás malos olores.

5.      O punto verde é un símbolo que levan os envases e que indica que o fabricante cumpre a lei e colaboara na financiación do sistema que permite a recuperación dos envases para facer posible o seu reciclado e que só entrará no proceso de reciclaxe se cada un de nós depositamos os envases nos contenedores axeitados.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.