Imaxe de cabeceira
Sabías que...
ConCiencia2

Dous premios Nobel participan no programa de divulgación científica ConCiencia organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.

O futuro da ciencia é o título da conferencia que ofreceu o pasado martes 16 de decembro o premio Nobel de Física de 1999, o holandés Gerardus ‘t Hooft. Nela caben todo tipo de prediccións. "É moi probable que a humanidade chegue a colonizar os planetas do Sistema Solar", augurou o físico, quen pensa que para que as máquinas sobrepasen este límite tenrán que pasar "centos de millóns de anos". Para Hooft é importante distinguir que permitirá a ciencia no futuro e que é pura invención.

Hooft está considerado como un dos físicos teóricos máis brillantes das últimas décadas. De pequeno díxolle a un profesor que quería ser «unha persoa que o soubese todo». De familia erudita, o seu tío avó foi tamén Premio Nobel de Física,

Hooft foi premiado por determinar a estrutura cuántica das chamadas interaccións electrodébiles na física das partículas unha das catro fundamentais da natureza, que explica por exemplo o funcionamento dos ciclos do Sol. A última peza do crebacabezas que conforma esta teoría será, explicou o físico, atopar o bosón de Higgs [a partícula elemental conxeturada polos físicos] no grande acelerador LHC de Xenebra. "Non sabemos por que as partículas son como son. O LHC será o noso modo de entendelo", afirmou.

O holandés espera que a nanotecnoloxía se aplique á electrónica para lograr avances. "Os ordenadores de hoxe son moi estúpidos", lamenta Hooft. O reto será, ó seu xuízo, combinar os nanomateriais coa electrónica e aplicalo á informática. O ciclo ConCiencia 2008 traerá o xoves desta mesma semana a outro Premio Nobel, Karl Barry Sharpless, que falará sobre Como encontrar algo novo. Sharpless foi pioneiro no desenvolvemento dunha metodoloxía eficiente baseada na catálise asimétrica, clave para a preparación de procesos industriais de fármacos, perfumes e outros produtos.

Gerardus ´t Hooft, pola súa banda, está considerado como un dos físicos teóricos máis brillantes das últimas décadas. O seu traballo esclarece estrutura cuántica da interacción electrodébil.

 

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.